Xoves 24.07.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 8 de 8]noticia anterior de Maré Maré  |  RSS - Maré RSS

Begoña Paz publica o seu terceiro libro, 'As mellores intencións'

A autora explora nesta obra, que presenta o día 4, a vida agochada dun home incapaz de relacionarse cos demais

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Begoña Paz
Begoña Paz

Un home en aparencia normal. Que agocha tras o engano quen é realmente: unha persoa incapaz de relacionarse coas demais e mudar unha vida que non lle gusta. É o personaxe principal de As mellores intencións, o terceiro libro da escritora Begoña Paz, gañador do Certame de Novela Curta Centenario da Cidade de Riveira, que Xerais editou hai pouco. As mellores intencións presentarase o vindeiro día 4 de agosto, ás 19.00 horas, na Feira do Libro da Coruña, nun acto no que intervirán a súa creadora e o director de Xerais, Manuel Bragado.

Begoña Paz (A Coruña, 1965) desenvolve nesta obra, a súa primeira novela para adultos -no 2005 publicou, para o público mozo, Norocai- temas que se podían xa intuír nos relatos do seu primeiro libro A ferida (Xerais, 2004): a dor, a insatisfacción, a violencia, o medo, a mentira, o sexo destrutivo...

"O punto de partida foi unha imaxe dun conto, no que un home atopa a súa muller morta e decátase de que non tivera unha verdadeira relación con ela. A trama de As mellores intencións, o que fai avanzar a novela, é a historia dun home que atopa unha nena maltratada e quere salvala. Pero o que me interesaba realmente era que o lector acompañase o home, un personaxe ao que lle xorde a oportunidade de mudar a súa vida, e camiña cara á salvación ou ó desastre", explicou Paz nunha entrevista.

"Un home, Gabriel, que vive afeito á pasividade, a agocharse para non expoñerse ao dano, a non tomar decisións, que de repente ten que implicarse na súa propia vida porque quere implicarse na vida doutra persoa, a cativa. Gabriel quere a nena, porque se ve a si mesmo a través dela: o neno desvaído, desprotexido e desprezado que foi e segue a ser. A cativa é unha excusa, unha oportunidade para comezar unha nova vida", engadiu.

Na novela, o amor é sempre un obxectivo inalcanzable para os personaxes. "Gabriel é capaz de ter relacións sexuais, pero non de traspasar a pel, de rachar a funda que o separa dos demais. É un home que teme as mulleres fortes, que buscan unha vida mellor activamente, aínda que o fagan do xeito errado. A nena é unha muller desvaída, a única muller que lle debe algo porque el lle salva a vida. Unha muller coa que non pode nin comunicarse. A relación entre os dous non é entre iguais, como non o é coa nai da nena, Lis, á que el despreza e ve como inferior, mentras ela tenta poñerse á altura del. Cando se decata de como é el realmente, o que non pode perdoarlle é a mentira", subliñou.

Lis, a nai maltratadora, procura, no fondo, o mesmo ca Gabriel, e faino dunha maneira semellante. "Non é el o bo e ela a mala. Os dous son persoas feridas pola vida. A xénese da nena é unha violación. Non é certo que todas as mulleres teñan un instinto maternal, e Lis non sabe como ser nai. Identifica a nena coa violencia que sufriu, e por iso a rexeita, pero non pode evitalo. Unha vítima xera outra vítima. Non é unha persoa interesada conscentemente. Busca unha oportunidade para ter outra vida, unha relación de verdade, coma el", sinala Paz.

"El, o único que lle dá a Lis é o que non lle importa nada: cartos, que os ten porque gañou un premio. Lis merca cousas, e Gabriel tenta mercar a Lis con cartos, dándolle o que Lis nunca tivera: diñeiro. Pero os cartos non salvan a ningún dos dous. El é o proveedor, pero o que realmente lle interesa é ter a Lis contenta, sedada coas compras, entretida, para poder estar coa nena. O único que desexa el de verdade mercar son xoguetes para a nena, e faino en segredo", aclarou.

A autora busca que o lector empatice cos dous personaxes. "Eu sinto compaixón por Gabriel, que non aproveita a súa oportunidade. Gústame buscar a vida que hai detrás da apariencia, ver a onde podemos chegar, e o tema das vidas posibles. Gústanme as lecturas breves, cunha linguaxe directa, a honestidade narrativa. A primeira persoa permíteme presentar a Gabriel ante o lector como é. Non escribo pensando na extensión da novela, nin a que público se dirixe. Só escribo, e trato de ver o interior dos personaxes, que temén é un modo de coñecerte a ti mesma...", concluíu.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS