Domingo 19.08.2007      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 7 de 7]noticia anterior de Opinión Opinión  |  RSS - Opinión RSS

MANOEL SANTOS

VOTO EN BRANCO

Nin arte nin cultura

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MANOEL SANTOS

Pontevedra amenceu o 8 de agosto enchida de pintadas e carteis rexeitando o que chaman "festa nacional" ­ -claro está, referida a esa entelequia de nación española que só parece selo na Constitución aprobada polos que hoxe teñen máis de 48 anos. Eran papeis e gravados rebeldes contra a exaltación do sangue sobre a area, ao cabo tamén vermello sobre amarelo, contra ese noxento e reaccionario goce co sufrimento animal que para min simboliza as históricas barbaries cometidas -en nome de Deus e da Coroa!- polo imperio doutrora contra a "incultura dos indios". Como ben di a Plataforma Antitaurina de Pontevedra: "a tortura non é nin arte nin cultura".

Os anteditos graffitis estaban na súa meirande parte sobre carteis que publicitan o que a Plataforma chama xenocidio animal. E chama ben, pois do exterminio dunha raza falamos. Asemade, na praza de touros líase: "se as touradas son arte, o canibalismo é gastronomía" -pura lóxica- e tamén "non á festa do fascismo". De feito, polo enxalzamento nacionalista, pola imposición do sanguento pensamento único nos medios de comunicación públicos e polo irracional culto a un duce ao que din, e tamén din ben, matador, a cousa ten un cheiriño algo fascista.

E fascista debe ser cando a protesta pacífica dos activistas foi respostada primeiro co acoso policial -ninguén máis pega carteis en Pontevedra?- e despois cunha violenta acción, literalmente incendiaria, o día 11 contra o Centro Social A Revira, que entre outras cousas sérvelle de ágora aos antitaurinos do Lérez. Non é pois de estrañar que estes se sentan acosados, e sinalan polo miúdo -no referente ao asedio verbal- a un grupo de amantes dos matadores, a Peña 11. Un dos seus membros ten un blog (cesarabal.blogspot.com) moi clarificador. Tolerante el, deféndese das accións pacíficas dos antitaurinos con incongruencias como: "La Peña11 es una peña plural y libre que respeta todas las opiniones". Non así todas as vidas, diría eu. Porén, do atentado non di ren. Supoño que o do día 11 e a Peña 11 é casual, que eu na cabalística créovos pouco.

Sexa como for, vai sendo hora de que os gobernos galegos -con-­ cellos e Xunta- collan o touro polos cornos, pero para afastalo desa crueldade sen sentido ­prohibindo a tortura animal no país noso. Un 10 -non un 11- para os da Plataforma Antitaurina.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS