Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Opinión  |  RSS - Opinión RSS

MANUEL DOURADO DEIRA

ardentía

Valedor que non nos vale

29.03.2008

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MANUEL DOURADO DEIRA

Refírome ao denominado valedor do Pobo, don Benigno López, quen, outra volta, acaba de resucitar o "bilingüismo (des)harmónico", como durante anos se denominou, por ser unha estratexia do Sr. Fraga para perpetuar o dominio do castelán sobre o galego, e, finalmente, sepultalo na profunda fosa do desuso, causando así a súa morte definitiva e celebrar as súas exequias definitivas. Se alguén me preguntar por que? Respondería: por unha cuestión política, que se pode resumir nestas tres palabras: Centralismo, dominio e colonización.

Pois o Sr. Valedor acaba de resucitar este problema, que xa tiñamos resolto tratando simplemente de aplicar a Lei de normalización lingüística e o Plan de normalización que o propio Fraga aprobou, pero nunca aplicou. Por iso, pregunto: De onde caeu este homiño que acaba de resucitar a lea do "bilingüismo diglósico", que xa, ¡e por fin!, tiñamos superada? Pero, ¿é que quere negar, como fixeron os de PP durante anos e seguen a facer, o feito evidente de que o galego é idioma natural de Galicia? Que ninguén lle impón o idioma a ninguén por ningures? Que, como levo defendido xa pasa de 30 anos, cadaquén fala aquí no idioma que lle pete e mellor se lle acomode? Que existe, incluso, unha interlocución normal e comprensiva entre galegofalantes as 24 horas de cada día e os castelanfalantes do exterior e mesmo entre galegos instalados no castelán (por tradición familiar, por escolarización de elite, por herdo do grupo social no que están inmersos ou, incluso, por presunción diferencialista ou dun trasnoitado e anacrónico ideario de caste? E, sobre todo, que non é o galego o idioma dominante e imposto por ninguén, senón que acontece todo o contrario: continúa o predominio do castelán sobre o galego. Etc., etc., etc.

En fin, ¿haberá que lle recordar aínda que só sexan dous piares legais para fundamentar o dereito de Galicia a "vivir no seu propio idioma"? Por se o Sr. López os esqueceu ou os ignora, recordémosllelos: "Art. 3.1 da Constitución: "O castelán é a lingua española oficial do Estado...". Art. 3.2: As demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas comunidades autónomas de acordo cos seus Estatutos".

Por se aínda o embarga algunha dúbida ao Sr. López, regálolle outro anaquiño dunha cita legal: Lei de normalización lingüística, art. 4º.: "O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma...". Etc, etc., etc. Queda clariño Sr. Valedor?

¿Por que non nos vale este Valedor? Simplemente, porque, cando afirma que "o castelán ha de potenciarse onde prime o galego" equivale a negar a esencia, o ser de Galicia atacando a súa propia entidade e, con ela, a súa dignidade de vivir como o que somos: como galegos. Se se nos nega o noso idioma, tamén se nega a nosa Historia e, como afirmaba Castelao, tamén se nos anula a nosa rica tradición, onde a Historia chanta as súas raíces milenarias e cuxa clave é o idioma. ¿Que valemento nos vai proporcionar un Valedor con tal ideario?

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS