Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Opinión  |  RSS - Opinión RSS

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

CADERNO ABERTO

Ramiro

13.10.2008

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

Entre nós, amigos e compañeiros da Xeración dos 80, sempre dixemos e diremos Ramiro. Abonda co seu nome. Como no caso de Novoneyra: Uxío. O nome nu do poeta contén e proxecta a súa figura, e mesmo chega a representar dun xeito máxico e esencial, diriamos, a súa obra. Eu digo que Ramiro seguirá respirando na súa obra poética, nesa voz que flúe no texto e no tempo, aínda que o seu corpo teña deixado de facelo. Así acontece cos grandes poetas. Os poetas que, como Ramiro, cultivaron o ritmo, a música, a respiración do poema, a voz propia do ser a se perder no infinito, como lle gustaba expresar a Leopardi. E díxoo Borges: "O deber do poeta é dar coa súa voz. O ritmo é a respiración do poema". Palabras do mestre. E Ramiro soubo dar coa súa voz, vaia se soubo, entretecida nun tremor existencial que abriu espazos á memoria, á visión da dor e da nostalxia, ao paso do tempo e ás imaxes da infancia, cidades e paisaxes e poéticas que forneceron un humus no que o poeta cultivou sempre através da experiencia -toda poesía se nutre da experiencia- extraordinarias virtudes propias na construción (respiración) do poema. E Ramiro é un poeta culto e esixente. O oficio de vivir e coñecer a poesía fíxolle entender a arquitectura, a estrutura, a forma, o artefacto, a intelixencia construtiva que, como unha sorte de peso necesario, debe incorporar o poema. Ramiro ofrece na súa poesía un fluído verbal e rítmico -un pensamento sentinte, diriamos case con Zubiri- que é capaz de afectar a conciencia do lector, a psique estética do lector. Iso é a poesía: ese veleno, tantas veces luminoso ou ardente, que conmove zonas e funcións profundas do cerebro humano. Creo que foi o chileno Gonzalo Rojas quen dixo que os poetas non morren, "fican encantados". E así Ramiro. Entre nós, respirando na súa propia poesía escrita, na verdade e na beleza dos seus poemas. Porque, tal como di o poeta mexicano Alberto Blanco, a poesía -"áncora e centro"- é tamén unha posibilidade de salvación. E Ramiro está salvado para sempre.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS