Xoves 29.07.2010
| Actualizado 18.52
Hemeroteca web
|
RSS
Disque a oposición e o Goberno se botan os trastos á cabeza a conta da crise, a ver quen a fixo máis gorda cando mandaba. Disque no noso Parlamento, populares e bipartitos intercambian acusacións sobre quen vai facer máis uso electoral da mala situación. Non aprenden. Logo de tantas crises como levamos pasadas xuntos, os políticos seguen indo ao revés. Primeiro buscan un culpable e até que non nos cren convencidos de que a culpa foi do outro, non empezan a preocuparse por buscar solucións. A xente corrente razoamos na orde contraria. Primeiro queremos dar coa solución e comprobar que funciona e despois xa se lles axustarán as contas aos culpábeis, que para iso sempre sobran tempo e ganas.