Mércores 08.09.2010
| Actualizado 04.09
Hemeroteca web
|
RSS
Disque hai moita festa polo vinte aniversario da caída do Muro. Teño para min que para un que demos tirado, ergueron media ducia antes de que caera polo seu propio peso o soño neocom. O do medo e do terror, co descoñecido universo árabe. O da abundancia e da explotación, coa Europa do Leste. O da desconfianza, con Rusia. O da pobreza e da inmigración ilegal, co Terceiro Mundo. O do abandono e da guerra, coa esquecida África. Os que eramos ricos e libres hai vinte anos, somos hoxe máis ricos e libres. Moitos dos que eran pobres e escravos hai eses mesmos vinte anos, atópanse hoxe aínda máis pobres e escravos. Malia todo, ben derrubado está. antonlosada.blogspot.com