Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
Disque na praia da Lanzada, a moza que queira ser nai debe coller nove ondas. A que vén co sétimo ano logo do chapapote, trae desidia. Temos máis medios -só faltaba-, pero seguimos reclamando o esencial: as competencias para que non decidan a 500 quilómetros das nosas costas, o porto refuxio, a policía do mar, que non se acorden deste país só cando nos anoxamos. Levarse o Cepreco a Madrid estes días, ademais dun erro de xestión, é unha chulería innecesaria por parte do Goberno Zapatero. Bonifaz, Polycomander, Urquiola, Casón, Mar Egeo, Prestige? Xa só faltan tres para chegar a nove e quedar empreñados outra vez. antonlosada.blogspot.com