Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
Disque O Noso Alberto lles deu outro prazo a Méndez e a Gayoso para que se aclaren no das caixas. Visto o visto, semella que o prazo debera dalo para el mesmo, para ver se se aclara el tamén co asunto e di dunha vez que é o que quere, e como se vai amañar para que suceda. Xa perdemos a conta dos prazos que leva dado dende que empezou este conto. Case que tantos coma plans anticrise leva presentado, a poder de facer e refacer o Orzamento. A arma secreta dun gobernante é a credibilidade. E o maior risco que ten andar dando prazos un día si e outro tamén é que dá para moito chiste, pero acábase perdendo a credibilidade polo camiño. antonlosada.blogspot.com