Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Opinión  |  RSS - Opinión RSS

XABIER CASTRO RODRÍGUEZ

couso e arca

A versatilidade da poesía nas aulas

30.01.2010

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

XABIER CASTRO RODRÍGUEZ

Biblioteca de Intervención Social/Didáctica é o título dun novo proxecto presentado hai pouco pola Editorial Galaxia que, despois deste breve tempo transcorrido, xa comeza a dar interesantes froitos. Coñecemos a Antonio García Teijeiro pola súa dobre faceta de ensinante e creador literario para os máis novos, dous universos que, no seu caso, están perfectamente imbricados; dous espazos que se basean e conviven na necesaria reciprocidade que o escritor lles tan outorgado desde hai moitos anos. Que o seu labor creativo teña chegado a numerosos idiomas, estea incluído en listas como as do IBBY (International Board on Books for Young People, é dicir, Organización Internacional para o Libro Xuvenil), que sexa unha referencia na publicación especializada CLIJ (cadernos de literatura infantil e xuvenil) e teña acadado prestixiosos recoñecementos literarios, non é froito da casualidade. Traballo, constancia e a sabedoría de coñecer a cerna dos lectores que se inician no fascinante mundo da literatura semellan ser os trazos esenciais deste narrador, ensaísta e poeta que desde hai máis de vinte anos mantén un feliz contacto co seu público lector.

García Teijeiro regresa á actualidade da didáctica la literatura galega con este libro (axeitado para instruír e, esencialmente, lúdico) que é froito da experiencia mais que, con seguridade, valerá para moitas outras persoas do eido do ensino que atoparán aquí ideas, actuacións, fórmulas, traballos? que servirán para achegar a poesía ás aulas. É manifesta a dificultade que existe, en xeral, para que a lírica se abeire aos máis pequenos, un xénero que se presume difícil e complexo para nenos e nenas. Quizais os problemas sexan outros, derivados do descoñecemento das ferramentas para a captación da vontade e atención e mesmo para achegar ese mundo poético de xeito agradable e divertido. É así que este "A poesía necesaria" abeira en dous bloques (primerio a reflexión sobre a poesía e a continuación as técnicas de traballo na aula) a experiencia dun labor e as versátiles posibilidades arredor da poesía sobre a que hai "un gran descoñecemento dos seus efectos beneficiosos ao aplicala na clase".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS