Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
Disque Miguel Blesa, o presidente saínte de Cajamadrid, deixou por escrito a absorción de Caixa Galicia. Disque está seguro de que O Noso Mariano saberá murmurarlle na orella as verbas axeitadas para que O Noso Alberto facilite a operación. Pero non hai de que preocuparse. Seguro que o presidente non sabe nada do plan. E, ademais, por se acaso, xa se cambiou a Lei de Caixas a toda velocidade para facer unha gran caixa galega, que teña garantida a solvencia e a galeguidade. Non é para absorber as dúas de vez, como din algúns malpensados. E se algo falla, estarán de garda O Noso Guillerme e O Seu Paco para obrigar O Noso Alberto a defender o noso sistema financeiro. antonlosada.blogspot.com