Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
Disque o Goberno central vai recorrer ao Constitucional "a nosa lei das caixas". Mal negocio cando se pretende resolver un conflito político a golpe de recurso, e primeiro vaise ao tribunal e despois dise que se vai falar. Disque O Noso Alberto encabezou o manifesto dos que denuncian outra aldraxe, e logo tamén dixo que por falar non ía quedar.
Unha táctica que queda moi ben nas fotos, pero que non vale de nada nunha negociación. Digo eu que de marcar territorio xa chegou. Agora amáñense, que para iso lles pagamos. Non están as cousas para andar perdendo o tempo investigando quen se pon máis bravo. Ou é que non se quere amañar e andan a ver a quen lle caen as culpas?