Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
Verán  |  RSS - Verán RSS

verán hoxe

The Homens inaugura o power pop 2.0

21.07.2009 A gravación do novo disco da banda galega na factoría de Santi García en Sant Feliu pódese seguir en directo “en plan Grande Irmán” a través de internet

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

POR MARGA TOJO

Santi García, na mesa de montaxe do estudo Ultramarinos Costa Brava, canda Xocas, Roi e Cristovo, tres dos catro compoñentes do grupo FOTO: Tigre Tigre
Santi García, na mesa de montaxe do estudo Ultramarinos Costa Brava, canda Xocas, Roi e Cristovo, tres dos catro compoñentes do grupo
FOTO: Tigre Tigre

Talvez decidan romper coa lóxica esmagante que os levou a titular ao estilo Led Zeppelin os seus tres primeiros discos -1, 2 e 3-, e a nova crianza sonora de The Homens naza cun nome inverosímil para o caso (sobre todo agora que, tras a incorporación hai cinco meses de Cristovo, o teclista, son catro na formación). Así, despois de cinco anos percorrendo sen parar os escenarios de toda Galiza, Portugal, España e media Europa, estes fillos galegos do angloluso atópanse inmersos en plena gravación do seu cuarto album por segunda vez o estudo de Santi García, o Ultramarinos Costa Brava de Sant Feliu de Guíxols, a capital do suquet e da fideuá, -polo que pasaron grupos como Nueva Vulcano, Tokio Sex Destruction ou Delorean-.

E fano "en plan Grande Irmán", cunha cámara que conecta a factoría de García co resto do mundo mentres os galegos crean. Estamos ante un típico caso de egolatría? "Non", sosteñen os artífices do power por 2.0. "Isto é algo inusual, se non inédito, na historia da música, pero a nós nos xurdiu como unha necesidade derivada da amantísima nova paternidade de Martiño (Martin Wu, cantante e letrista de The Homens) e a súa imposibilidade de estar con nós durante toda a gravación". Así foi que o baixista Roi Fernández abriu o traballo da banda á rede, que se pode seguir en www.ustream.tv/channel/the-homens, e en dous días xa había centos de "miróns". "Quixemos que Mariño estivese implicado en todo o proceso -continúa-, aínda que estea a seiscentos quilómetros, e que vixiase de paso que a Xocas (o batería) e a min non se nos fose a pinza con tanta comellona, tan bo viño e tan boa vida que nos ofrecen en Sant Feliu, mais o resultado é que á xente, aos internautas, lles está a gustar bastante seguir o proceso de gravación, malia que ás veces sexa unha pesadez de repeticións e repeticións".

Aseguran que entre os catorce temas que comporán o álbum haberá máis dureza que outras veces, sobre todo desde o punto de vista das letras "porque no son queremos potenciar tamén a parte melódica do novo teclado" e que despois dun disco de desamo­res -Tres- "este será basicamente un disco de cagarnos en todo e vai saír bas­tante punki e con bastante ma­la hostia". Unha apetecíbel deriva que non é allea ao panorama social: "fundamentalmente estamos bastante fartos da si­tuación política xa, non só neste país senón a escala mundial e tamén do inmobilismo e da estupidez do negocio da música". Tería algo que ver o cambio de Goberno na Xunta? "Pois seguramente a mudanza política en Galiza foi tamén un punto de­terminante porque nos xerou un gran malestar".

A cuarta obra de The Homens gravarase de novo con licenza creative commons, será autoeditada (os anteriores saíron baixo o selo Falcatruada), e estará aloumiñada polas relacións públicas de Alberte Leis e o seu Morcego Management. O vinte e cinco de xullo pola mañá farán o camiño de regreso para subir esa noite ao escenario da praza principal de Neda.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS