Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
Verán  |  RSS - Verán RSS

"Non somos un produto comercial"

02.08.2006 Dedicada ao mundo da música e do xornalismo, a lucense Alba Porral é a voz de The Lonely, unha innovadora e independente banda. O bo rock nunca morre

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

. PATRICIA CASTELLANO

Alba Porral cos demais membros do grupo mariñán The Lonely FOTO: THE LONELY
Alba Porral cos demais membros do grupo mariñán The Lonely
FOTO: THE LONELY

Despois de dúas maquetas, de compartir escenario con grupos como Mistakens, Sexy Sadie ou Deluxe, cales son os vosos proxectos para verán?

O dez de agosto estaremos en Baiona e o 18 no festival Son e Arte, en Viveiro. Nas nosas mentes está seguir tocando moito, divertirnos e conseguir que os nosos espectadores o pasen ben, que vibren con cada novo tema. Temos previsto facer concertos fóra de Galicia. As datas dos concertos témolas actualizadas na nosa web: www.thelonelyweb.com.

Dende que o grupo se formou, no ano 2000, experimentastes moitos cambios, como foi a vosa evolución?

O proxecto comezou de xeito espontáneo. Coñecémonos no Conservatorio de múscia de Viveiro e lanzámonos ao descoñecido. Co tempo vimos que a fórmula funcionaba, eramos capaces de divertirnos e ó mesmo tempo compor con calidade.

En que estilo os etiquetades?

Non nos gusta falar de etiquetas de ningún tipo. Moitos son os que falan da nosa música como pop-rock, aínda que non é totalmente certo. O rock é un termo que abarca moitas posibilidades. O que nos prace realmente é experimentar cos diversos estilos. Probar cousas novas sen enmarcarnos.

The Lonely non son popeiros....

O certo é que a banda experimentou un certo cambio no 2002. Por mor do cambio de batería, que agora é o noso técnico de son, os temas encamiñáronse máis cara a un rock máis duro, cun toque máis "leñeiro".

É dificil para un grupo galego abrirse camiño cantando en inglés, non pensastes en facer algo máis comercial?

Para nada. Nunca nos guiamos polo mercado, o último que desexamos é converternos nun "produto". Precisamente o que lle chama a atención ao noso público é que concibimos a música como música e non como un ben mercantil. O noso é un grupo independente alimentado pola arte propiamente dito.

Para cando algún tema en galego?

Polo de agora tamén compuxemos en francés , alemán e temos previsto facer algo en portugués... Non nos gusta limitarnos.

José Louzao é o baixo do grupo e tamén o teu mozo. Como se leva compartir amor e traballo?

Moi ben! É un apoio constante para min. Comezamos a nosa relación cando o grupo xa estaba formado e ademais de parella somos amigos. Ademais é tamén unha boa fonte de inspiración.

Como todos os grandes, tamén terás as súas manías antes de saír ao escenario...

O certo é que os grandes escenarios me dan vertixe, sempre sinto un pouco de pánico escénico... Así que para despexar a miña mente e a miña voz, sempre bebo antes de saír a cantar unhas claras de ovo.

Ti es unha persoa comprometida co mundo, que cambiarías hoxe en día?

Gustaríame que as persoas abrisen os ollos dunha vez por todas á realidade. Gustaríame unha sociedade na que a moralidade e a legalidade estivesen marcadas polos límites da coherencia.

Ademais da música tamén es estudante de xornalismo, pensas deixalo un pouco a parte?

Encantaríame poder dedicarme profesionalmente á música, pero hai que ser realista e o certo é que este mundo é cousa difícil. O perfecto sería poder combinar ambas as dúas cousas. Polo de agora non me formulo nada a longo prazo.

Tras "Shadows" e "Notre Monde", para cando un novo traballo?

En Nadal temos pensado iniciar a gravación da nova maqueta,un novo proxecto bastante novidoso.

 

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS