Xoves 29.07.2010
| Actualizado 18.52
Hemeroteca web
|
RSS
O cuarteto Luvas Verdes reivindicouse onte como unha factoría profesional, capaz de recuperar e dignificar a música tradicional galega, nun acto de presentación dos seus novos proxectos profesionais, celebrado na Fundación Luís Seoane na Coruña. A formación, fundada polos gaiteiros Pedro Lamas (Cecebre, 1978) e Daniel Bellón (Fene, 1985) en 2001, recibiu numerosos galardóns grazas a unha proposta musical renovadora, evidente no seu primeiro e ata agora único disco, Fandango desesperado. Pero Luvas Verde pretende que a música tradicional "non teña que depender dos concursos" e poida soster de modo profesional os seus intérpretes, como sinalou Lamas. "Nós xa estamos retirados dos concursos, buscamos algo máis e esperamos non botalos de menos", manifestou Lamas, quen observou que o peso social da música galega "non se traduce na programación de concertos".