Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
Portada » Hemeroteca web

escaramuza entre socios.

Onde está wally? (intrahistoria dunha foto)

12.07.2007

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

 FOTO: S. Daponte / agn
FOTO: S. Daponte / agn

Socialistas e nacionalistas xogaron unha partida de xadrez para rendibilizaren, cada un pola súa banda, o abraiante desembarco en Vigo do presidente Zapatero coa vicepresidenta De la Vega e cinco ministros. Desde a área de Protocolo da Presidencia da Xunta intentouse xa nun primeiro momento –e así se lles fixo saber ós socios do Bloque– que o vicepresidente Quintana e o conselleiro Fernando Blanco non tivesen acceso ó buque de investigación Sarmiento de Gamboa, malia que os nacionalistas achegan desde Innovación un 20% do investimento nel. GH confirmou que o número dous de Vicepresidencia moveu os seus fíos na Moncloa e conseguiu o okei, o mércores pola tarde, para que Blanco se integrase na comitiva. Unha nova xestión diplomática de Antón Losada fixo posible, in extremis, que tamén entrase no grupo dos elixidos o propio Quintana. A guerra xorda entre PSdeG e BNG trasladouse ós medios, de xeito que nin nas fotos enviadas pola axencia oficial Efe nin no informativo de mediodía da TVG apareceron por ningún sitio o vicepresidente galego (nun círculo, na foto da axencia privada AGN) ou o titular de Industria, relegados a un segundo plano na visita ó barco.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS