Hemeroteca web
|
RSS
Martes 21.05.2013
| Actualizado 17.42

Un equipo de arqueólogos do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) achou un fragmento de perfumario púnico nas escavacións do Castro Grande de Neixón, en Boiro (A Coruña). Trátase da cuarta peza deste tipo achada no noroeste peninsular e testemuña a existencia de redes de intercambio entre os pobos do Mediterráneo e o norte da Península.
O fragmento achado, de cor azul escuro con festóns brancos, encádrase entre os séculos V e III a.C. É dun fragmento pequeno, duns dous centímetros, pero "de gran relevancia científica", segundo o responsable da investigación, Xurxo Ayán, do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
De acordo cos arqueólogos, a peza sería elaborada por artesáns de fóra da Península, cartaxineses ou gregos, e comercializada por mercaderes púnicos.
Con moita probabilidade chegou ó noroeste peninsular como consecuencia do primeiro grande episodio comercial entre os pobos mediterráneos e as comunidades castrexas do noroeste.
