Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
Portada » Hemeroteca web

DENUNCIA

Stolt solicita o permiso de vertedura para dúas granxas abertas nos 90

31.05.2008 A multinacional acuícola reclámalle ó ente Augas de Galicia unha autorización para botar ó mar residuos industriais e fecais das plantas de peixes planos de Quilmas e Lira, que funcionan dende hai quince anos

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

R.FERNANDEZ SANTIAGO

A multinacional acuícola Stolt Sea Farm solicitoulle a principio de mes ó organismo público Augas de Galicia o permiso de verteduras para dúas granxas postas en marcha hai máis de quince anos. Así o deron a coñecer onte os veciños da localidade de Quilmas (Carnota), tras ter acceso ó documento nos que a firma luxemburguesa solicita autorización para as piscifactorías de Quilmas e Lira, ambas as dúas no concello de Carnota, e que estivo a exposición pública ata o día 25 deste mes para poder presentar calquera tipo de alegación.

Tal e como se recolle no texto, Stolt reclámalle a Augas de Galicia un permiso de vertedura de máis de 48 millóns de metros cúbicos ó ano para augas residuais industriais e fecais e case 2.000 m3 de fecais xeradas nas instalacións de Quilmas. A este respecto, a empresa engade que as augas fecais son depuradas nunha estación depuradora de augas residuais e nunha fosa compacta. En canto á de Lira, Stolt Sea Farm reclama unha vertedura de 138.758 m3 ó ano para os residuos industriais e máis de 3.500 m3 para as fecais depositadas na ría de Lires e que son depuradas previamente nunha fose séptica.

Ante esta situación, o voceiro da Plataforma de Quilmas contra o Plan Acuícola, Xosé Manuel Casais, expresou a indignación dos veciños tras corroborar que a empresa "leva envelenando impunemente a costa dende hai 20 anos e agora seguirao a facer, pero con permiso". "Vaise regularizar unha actividade ilegal", apuntou Casais, quen anunciou mobilizacións dos veciños da Costa da Morte contra estes permisos, así como recursos pola vía xudicial, tras o fracaso administrativo.

Adega: "Ningunha poderá verter"

Adega xa puxo en coñecemento da xustiza que as 27 piscifactorías presentes no litoral galego non contan con permiso de vertedura e as augas que botan directamente ó mar son 138 veces máis contaminantes que os mínimos legais permitidos. "Ninguén controla a calidade das augas que denvolven ó mar", apunta.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS