Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
Portada » Hemeroteca web

chioleiro

Unha noite... e María do Ceo

23.07.2008

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

XOSÉ MARÍA MÁIZ TOGORES

Hoxe podería resultarnos máis que alucinante (como din os rapaces de hoxe en día) que un adolescente de apenas dezaoito anos escribira un poema como a Cántiga do celanovés Curros Enríquez, máis coñecida polo seu verso Unha noite na eira do trigo. Estes fermosísimos versos, á vez que esgazados e morriñentos, compostos cando era estudante de Dereito, foron musicados polo director Xosé Castro Chané, no ano... ¡alá vai! No meu ordenador, eu teño moi diferentes versións. Dende as clásicas da coral Cantigas da Terra, da coral polifónica El Eco ou a duns descoñecidos Adela Santonja e Manuel Castro, ata a do grupo de rock do Morrazo chamado Astarot. Máis coñecidas son a versión da cantante arzuá Ana Kiro (desexo que estea ben) ou a do inesquecíbel, inda que pasen os anos, Pucho Boedo e maila a súa banda Os Tamara. Esquecidas case son as versións dun descoñecido hoxe Xesús Naya ou a dun Gregorio Sánchez, acompañado por unha guitarra. Ámbalas dúas son un portento de voz e sentimento. Algo minoritaria é a do compostelán Emilio Cao, virtuoso músico, que fixo unha adaptación amodiño co instrumento de seu, a arpa celta. Chegoume a min tamén a da rapaza Miriam Figueras, coa Real Banda de Gaitas de Ourense, posuidora dunha voz prodixiosa.

E para rematar, dous nomes que merecen unha mención á parte: Uxía Senlle e María do Ceo. Uxía, vocalista cálida onde as haxa, ten dúas versións, acompañadas polo piano, nas que nos invita a facer unha viaxe no colo da memoria dos nosos emigrantes, e que ouriza o vello da nosa pel cando se escoitan. E de María do Ceo... pois que levei o outro día unha sorpresa incríbel. Merquei e seu último disco, despois de ter xa uns cantos no meu mp3, e quedei abraiado. Primeiro, pola calidade da súa edición. Un libro coidado como poucos, ata o máis mínimo detalle como é o acerto dos textos, das colores ou o deseño das páxinas. Acerto tamén a pequena biografía dos autores musicados. E inda máis, o título: No bico un cantar. Recolle dezasete cancións, once musicadas por ela.. As dezasete son belidas, harmoniosas e deleitosas. O disco é unha invitación a gulapar o máis noso, o máis preto da nosa alma galega. Grazas, María. ¿E despois disto... que? Por deus, ¡mérqueno!

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS