Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
Portada » Hemeroteca web

O escritor ante a nova época

Ramiro Fonte vive o reencontro emocionado con Ferrol

29.07.2008 O poeta, que recibiu o Premio de Toxos e Froles, recoñece a pegada cartesiana da cidade nos seus versos

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

Ramiro Fonte coa súa amiga e tamén poeta Julia Ucieda pouco antes de comezar o acto
Ramiro Fonte coa súa amiga e tamén poeta Julia Ucieda pouco antes de comezar o acto

A matemática manda sobre Ferrol, trazada coa perfección dunha libra de chocolate. Pero a lírica reina dende os bares, con auténticos exércitos de músicos e poetas. Entre estes últimos destaca Ramiro Fonte, director do Instituto Cervantes en Lisboa, que regresou onte á terra natal para celebrar trinta anos de versos.

A el dedícaselle o premio Porto Magno, creado polo Coro Toxos e Froles hai 150 anos para a cidade e recuperado agora na honra do bardo das vilas portuarias e guerreiras: "Ten Ferrol unha fragata como unha nube no ceo".

Ata Ferrol acudiron coetáneos e amigos como o ministro de Cultura, César Antonio Molina, ou a poeta Julia Ucieda, pero tamén a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, ou o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda. Molina formulou o mellor desexo para Ramiro: "Que fagas moitos libros máis".

Para chegar ata aquí, Ramiro Fonte pasou anos de lectura "de libros prohibidos" en Ferrol, loitas pola poesía galega dende o colectivo Cravo Fondo nos 70, e galardóns como o Premio da Crítica Española. Cando tiña once anos, chegou "á cidade ilustrada, cantora e falareira, onde entrou a ciencia no século XVIII e tamén se alimentou o galeguismo liberal".

Aquí viviu os primeiros amores, a perda dos seres queridos e os pasos decisivos nunha poesía humanista que segue a estela de Albert Camus. Miguel García Posada defíneo como "un poeta europeo de primeira clase". E Ramiro expresa con emoción a súa recuperación dunha grave enfermidade: "Cada Nadal viaxo ata Cabo Prior. A última vez pechaba unha etapa da vida con misteriosa, secreta e cruel dor. Oxalá inicie hoxe unha nova época".

"Algo do principio de orde lles aplico aos versos pode obedecer ao cartesianismo do barrio da Madalena", concluíu o escritor que en 1983 publicou o seu primeiro libro, As cidades da nada, ao que lle seguirían outros como O cazador de libros (1997) e Capitán Inverno (1999).

A conselleira de Cultura Ánxela Bugallo resaltou a "forza creadora" dun dos "grandes nomes das nosas letras" ao que eloxiou pola súa obra máis recente, "a súa triloxía narrativa Vidas da infancia, na que demostra "o seu compromiso coa lingua, coa literatura e coa paixón pola cultura".

No acto de entrega do galardón, Miguel García Posada, presidente da Asociación Nacional de Críticos Literarios, foi o encargado de ler a "laudatio" a Fonte, na que resaltou o valor da súa obra, "leal á memoria do seu pobo e da súa xente", na que recrea "os cines da infancia" e "os noivados da adolescencia", xunto coa realidade máis dura da época das folgas navieiras de Ferrol.

 

 

A CERNA

Un reencontro con Ferrol preferido polos alumnos UE

Fonte agradeceu o premio porque, entre outras razóns, lle permite reecontrarse coa cidade de Ferrol. O alcalde da cidade, Vicente Irisarri, aseguraba que o galardón non só recoñecía e reivindicaba a "magnífica obra literaria" de Ramiro Fonte, senón que tamén premiaba o seu carácter "fundamentalmente emprendedor". Lembraba neste punto o impulso que lle imprimiu á renovación da literatura galega na década dos 70 coa fundación, xunto a outros poetas, do grupo Cravo Fondo. Pero tamén destacou o seu actual labor á fronte do Instituto Cervantes en Lisboa. "España, Galicia e Ferrolterra non darían mellor embaixador cultural", apuntou Irisarri.

 

 

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS