Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
Portada » Hemeroteca web

CADERNO ABERTO

Internacionalización do galego

01.09.2008

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

Xa o temos dito noutras ocasións, mais resulta sempre interesante insistirmos no tema: ¿imaxinan vostedes o que faría Cataluña e os cataláns se o idioma galego e a cultura galega fosen deles? ¿Tería dito Steiner o que dixo se soubese que o idioma galego é o pai e a nai, a matriz, do idioma portugués? Lembrarán vostedes a coñecida afirmación de Castelao no "Sempre en Galiza", referíndose ao idioma galego: "Fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués". E engade o mestre: "O galego é un idioma extenso e útil, porque -con pequenas variantes- fálase no Brasil, en Portugal e nas colonias portuguesas". E así é. O idioma galego -con pequenas variantes; mínimas variantes, caso do brasileiro culto- fálase hoxe en 5 continentes, é lingua oficial de 8 países e é o cuarto idioma máis falado no mundo despois do castelán: 200 millóns de falantes. E un dato ben curioso: no Brasil hai máis de 30 millóns de internautas. ¿Teñen feito algo os Gobernos galegos, do signo político que for, sobre a internacionalización da cultura galega -e en primeira instancia da Literatura Galega-, a partir do "ser" universal do idioma propio de Galicia? Non. Nin o teñen feito nin, polo que se ve, o pensan facer. "Almas rendidas", dicía Ortega. ¿U-la creación do Instituto Rosalía de Castro? ¿Para cando chegue o AVE? Practicamente todos os gobernantes que tivo o noso "oculto" país desprezaron abertamente a posibilidade de instalar o idioma galego no mundo, á par do portugués, seu fillo. ¿Cabe tanta ignorancia política e cultural? ¿Por que tanta orelleira? ¿Alguén pensa seriamente no futuro do noso idioma e da nosa Literatura, da nosa cultura, no plano internacional? O idioma galego, con pequenas variantes, ten 200 millóns de falantes no mundo. ¿Saben os nosos políticos o que significa isto? ¿Hai vida cultural intelixente na política galega? Produce arrepío pensar e comprobar que estamos perdendo o tempo miserabelmente, mentres a obra de arte "mil veces superior" ao Pórtico da Gloria (Castelao dixit) vai camiño do que vai.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS