Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
Portada » Hemeroteca web

065

Vicepresidencia amplía o transporte adaptado a todos os municipios

23.10.2008 Investirá 67,5 millóns de euros nunha frota de 122 vehículos para os 315 concellos galegos, con 100.000 usuarios a finais deste ano ·· Dálles mobilidade ás persoas dependentes e discapacitadas superando a dispersión xeográfica

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Vicepresidencia da Xunta investirá 67,5 millóns de euros para estender o Servizo Galego de Transporte Adaptado, o coñecido como 065, ós 315 municipios galegos, cunha flota integrada por 122 vehículos que poderán prestar servizos a 100.000 usuarios a finais deste ano.

Así o explicou onte nun comunicado, no que engade que o Consello da Xunta tratará hoxe a tramitación do expediente de gasto relativo á contratación da xestión, en réxime de concesión, deste servizo.

Trátase de lle dar continuación ó proxecto iniciado no mes de decembro do ano pasado coa posta en marcha da primeira fase deste servizo, que conta actualmente con 44 vehículos operativos en 130 concellos e unha poboación potencial usuaria que supera as 22.000 persoas. O 065 é un instrumento "fundamental" da política de accesibilidade ós servizos e instalacións do Sistema Galego do Benestar, en que os servizos "se adaptan ó país, e non o país ós servizos". A iniciativa do Servizo de Transporte Adaptado pretende vencer as dificultades que impón a dispersión da poboación galega en 35.000 núcleos diferentes, para que todas as persoas dependentes e con discapacidade poidan gozar do mesmo dereito de acceder ós servizos de saúde, sociais e ter unha vida autónoma. l

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS