Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
Portada » Hemeroteca web

XXXI EDICIÓN

Touriño non vai deixar orfa a semana verde

20.11.2008 A Xunta garante na inauguración o seu compromiso coa viabilidade da feira e da fundación cunha dirección "altamente profesionalizada"

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO/SILLEDA

En outono, nunha época atípica, minguada pola crise e practicamente coa metade de expositores botou a andar a XXXI edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia despois dun ano convulso na "catedral do agro" de Silleda.

Para escenificar a normalidade institucional, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, foi o encargado de dar o disparo de saída garantindo o compromiso do seu Goberno co futuro e "coa viabilidade da Semana Verde e da fundación co padroado que a leva adiante", que precisamente agora está nas mans do conselleiro de Presidencia José Luis Méndez Romeu tras a baixa do histórico José Maril.

"A Xunta de Galicia quere proxectar cara ao futuro esta traxectoria de éxito, apostando por unha feira que, partindo das súas capacidades, fortalezas e potencialidades, saiba aproveitar as oportunidades para seguir sendo un referente no sector agropecuario e agroalimentario", resaltou o mandatario, facendo fincapé nos "pasos importantes nesta nova etapa de fortalecemento da Semana Verde de Galicia" coa modificación dos estatutos da fundación e a toma de posesión do novo padroado, coa decisión de "crear unha estrutura de dirección altamente profesionalizada".

Tras sinalar que a Xunta ten un compromiso financeiro que permitirá levar adiante os compromisos feirais deste ano e do vindeiro exercicio, o presidente galego resaltou que o Goberno galego está a garantir "a continuidade da fundación Semana Verde de Galicia e con elo a viabilidade da Feira Internacional e do resto de eventos que organiza a fundación".

Na súa intervención, Touriño referiuse ó conflito do sector lácteo e subliñou que o Goberno galego entende e comparte a preocupación dos gandeiros e está "traballando a fondo" na activación de "medidas e programas que permitan salvar as dificultades e conseguir a estabilización" dun eido de importancia vital para Galicia. "Non os imos deixar na estacada e non os estamos a deixar na estacada", insistiu.

O máximo mandatario galego indicou que cómpre "traballar na dirección na que o estamos a facer", en relación coas medidas adoptadas polo Executivo autonómico para introducir transparencia na negociación dos prezos. Pérez Touriño destacou que ademais das iniciativas do Goberno galego, debe actuar o Goberno central, e rexeitou as solucións locais. Nese sentido, sinalou que é necesario activar no marco da Unión Europea "medidas concertadas" que permitan "unha actuación extraordinaria no mercado" para darlles saída aos excedentes de produción para que as empresas non presionen a prol da rebaixa dos prezos. Paralelamente, o xefe do Goberno autonómico sinalou que o Goberno galego continuará actuando para facilitar a negociación dos prezos mediante medidas como o contrato homologado.

Os traballadores ollan cara a adiante e non queren nin falar da "crise"

Os traballadores da Fundación Semana Verde e do recinto feiral de Silleda foron os alicerces das protestas pola situación vivida nu- nha dura tempada de crise, marcada pola "blindaxe" do sempiterno José Maril. Agora, semella que a Xunta colleu as rendas deste magno proxecto da denominada catedral do agro, e as augas intentan volver á súa canle malia que nin os departamentos de Presidencia nin o de Medio Rural se poñen de acordo para deseñar un plan de viabilidade moito máis estable.

Os empregados no momento actual non queren nin oír falar desta crise e aseguran estar "completamente centrados" en garantir que a XXXI edición da Feira sexa perfecta ata o domingo. Segundo o delegado da CIG, Miguel Luis González, "estanse cumprindo os prazos e semella que isto vai funcionando, así que non hai nada que dicir". O sindicalista, iso si, recoñece que estas datas de novembro para celebrala "non son as mellores, pero non somos quen de dicir se é positivo ou non facela".

Megodeza, a máis innovadora A visita mesturouse coas protestas do 112 e das fundacións comarcais

Mentres o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, pronunciaba o seu discurso traballadores do Servizo de Urxencias do 112 exhibiron unha pancarta co lema: "112 solucións". Ó mesmo tempo, fóra do Auditorio, outro grupo de persoas pedían estabilidade laboral para os traballadores das fundacións comarcais.

Unha vez finalizou o acto de i- nauguración, o mandatario galego participou na entrega de premios do Día Internacional do Agricultor 2008, que agasallou a vinte produtores de Galicia, Portugal e mais Asturias.

Unha vez terminado este acto, o presidente, acompañado do responsable de organización da feira, José Maril, realizou un percorrido polos diferentes "stands" do certame, que se prolongará ata o domingo, no que tamén participaron a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, o responsable da Fundación Semana Verde, José Luis Méndez Romeu, ou o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, entre outros.

GALARDÓNS

Unha planta prototipo de investigación en sistemas de refrixeración, presentada pola empresa Megodeza S.L.U, de Lalín (Pontevedra), obtivo onte pola tarde o Gran Premio Especial de Innovación Tecnolóxica Semana Verde de Galicia. Ó concurso, organizado por Caixanova e a Fundación Semana Verde, presentáronse 27 proxectos, valorando o xurado as mellores iniciativas destinadas a optimizar os recursos rurais.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS