Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
Portada » Hemeroteca web

DA nosa acordanza

Palabra de traballador

23.01.2009

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

XAVIER CASTRO

Tense dito que cada vello que morre é una biblioteca que arde. Pois ben, cada vello que fala é unha candea que prende na bóveda penumbrosa da memoria colectiva. Acontece, deste xeito, que acaba de falar un home importante, aínda que el se tivera por un traballador máis, unha persoa corrente e sen importancia, ata o punto de que dubidaba se realmente pagaba a pena que deixara constancia escrita da súa experiencia vital. Persoas así son as que empurran o carro da Historia, cuxo auriga non é un heroe singular, senón un protagonista colectivo, un personaxe xenérico hipostasiado que recibe a advocación de pobo. O ben crecente do mundo -se é que tal hai- depende do denodado esforzo de xeracións de xentes traballadoras. Sinalaba una personaxe de George Eliot, en Middlemarch, que: "(...) la razón por la cual las cosas no andan tan mal para ti y para mí se debe en buena medida a quienes han vivido fielmente una vida discreta, y descansan en tumbas que nadie visita". O libro leva por título: O rapás da aldea. Memorias dun traballador (1918-1976), e reviste un notable interese tanto pola historia de vida que refire, que ten un valor textual, e, diríamos, humano, intrínseco, como pola relevante información que achega para a historia social de Galicia. Manuel Barros foi un traballador vigués da industria da construción naval, moi vencellado aínda ao mundo rural periurbano, pero cunha práctica social -e mesmo sindical- xa nidiamente urbana. O seu testemuño ten moita forza e aínda por riba é moi rico (o que non sempre sucede, pois iso depende da índole e capacidades do informante), pero asemade reviste un valor engadido como documento, porque existen moi moi poucos testemuños emanados da entrada das clases traballadoras urbanas, da mesma maneria que son francamente minguadas e escasas as investigacións antropolóxicas e etnográficas a propósito do mundo obreiro.

Nesta obra hai datos novos e matices importantes que permitiran afinar máis a recreación da historia da nosa sociedade. Para mostra un botón: Coñecemos sobradamente que era antano unha práctica moi corrente, como recurso pedagóxico e disciplinario, que os mestres lles bateran ós nenos na escola, pero apenas sabemos nada da situación inversa, hoxe tan habitual, na que os estudantes asumen comportamentos agresivos cos ensinantes. Podemos así pensar que este é un feito actual. Pois ben, resulta que non o é. Refire o autor que cando tiña oito anos levárono a unha escola pública que estaba algo mellor que a que coñecera anteriormente. Compartía estudos con outros rapaces que eran tan pobres coma el, e non diferían tampouco en iren todos descalzos e remendados. Pero en vez de tocarlle en sorte un mestre brután desta vez tivo unha profesora amable, á que facían cumpridamente rabear: "A mestra era tan boa que os máis rebeldes a facían chorar; se castighaba alghún deles, ó salir esperaban ó lado dun poso de auga no camiño e zas!, salpicábana, púñana coma un sambenito mollada. Eu, como era máis tímido, non facía aquelo, pero admiraba os valentes que o fasían".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS