Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 22.09.2014  | Actualizado 18.34

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1

A cadeira das cadeiras

A lendaria ‘Número 214’, de Thonet, máis coñecida como ‘a cadeira das cadeiras’, a primeira que foi reproducida en serie, que revolucionou a industria co deseño de mobles e que vestiu cafés, teatros e millóns de fogares de todo o mundo, celebra o seu 150 aniversario manténdose como líder de vendas no mercado internacional

A ‘Número 214’ de Michael Thonet é o produto industrial con máis éxito de toda a historia, xa leva vendidos máis de cincuenta millóns de exemplares en todo o mundoFOTO:
A ‘Número 214’ de Michael Thonet é o produto industrial con máis éxito de toda a historia, xa leva vendidos máis de cincuenta millóns de exemplares en todo o mundoFOTO:

EFE   | 15.02.2009 
A- A+

Para conmemorar o nacemento da clásica cadeira de madeira maciza, Thonet ten previstas ó longo do ano numerosas exposicións e publicacións, e ata pretende lanzar unha versión infantil da súa 214, segundo explicou onte a empresa.

En 1859, o ebanista e construtor de mobles alemán Michael Thonet descubriu unha nova forma de traballar a madeira, que consistía en expor láminas de madeira impregnadas de cola ó vapor. A calor e a humidade xerados conseguían deformar a madeira, ata o punto de obter unha masa compacta, elástica e flexible, que posteriormente podería modelarse a gusto de cada un, simplemente exercendo presión.

Con este descubrimento, Thonet (1796-1871) non só revolucionou o deseño de mobles, senón que tamén se fixo famoso por crear a técnica do curvado de madeira, pola que obtivo unha primeira patente en 1841. Así é como apareceu en Viena en 1859 a Kaffeehaus-Stuhl n. 14 (Cadeira de café Número 14), na actualidade rebautizada como Número 214, que supuxo a consolidación internacional da empresa Gebrüder Thonet. O que o señor Thonet nunca imaxinou é que, namentres que o seu modelo recibía ovacións por todas as feiras internacionais, o seu invento converteríase na primeira cadeira reproducida en masa de toda a historia, cunha produción continuada, que supera hoxe os 50 millóns de exemplares.

A principios de 1870, a familia tiña filiais repartidas por todo o mundo, e hoxe esta cadeira de cafetería é o produto industrial con máis éxito de toda a historia.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS