Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
Amigos da Terra en colaboración coa Fundación Ipade, dentro da programación da Casa Solidaria da Casa da Xuventude de Ourense, proxectará hoxe o documental Tukki, a pegada ambiental. Tukki, que significa viaxar en wolof, reflicte a viaxe que debe emprender un mozo senegalés dende a súa aldea, ante a degradación do solo e a deforestación da contorna.