Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
Portada » Hemeroteca web

cartelismo

Francisco Mantecón para o valenciano Ángel González

11.12.2009 O deseño será imaxe da adega

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P.

O VIII Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Terras Gauda, outorgoulle onte os seus premios a un total de catro carteis de España, Estonia, Estados Unidos e Polonia, elixidos de entre máis de 1.400 obras enviadas dende 45 países de todo o mundo.

O primeiro premio, dotado con 10.000 euros, recaeu sobre o deseñador valenciano Ángel Luis González, o traballo do cal será a imaxe da adega para o próximo ano. Ademais, entregáronse dous accésits de 2.000 euros cada un, o primeiro á deseñadora dos Ánxeles Julia Anne Luke e o segundo ao artista gráfico de Estonia Robi Joeleht, e unha Mención Especial a Dorota Cichon, de Polonia.

Estes galardóns supoñen unha achega económica total de 16.000 euros por parte da adega galega e foron entregados onte en Vigo no transcurso dun acto presidido polo xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo. Entre os convidados destacaron o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro; o alcalde, Abel Caballero; ou a presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, entre outros.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS