Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
Portada » Hemeroteca web

XACOBEO

Audioguías e GPS para facer o Camiño máis accesible

28.01.2010 Unha vintena de "tecnoperegrinos" con discapacidade funcional capitaneados por Serafín Zubiri realizarán a ruta dende Roncesvalles

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P. . SANTIAGO

Unha vintena de "tecnoperegrinos" capitaneados polo cantante invidente Serafín Zubiri realizarán no mes de outubro o Camiño Francés a Santiago desde Roncesvalles coa axuda das novas tecnoloxías para concienciar sobre a necesidade de facer a ruta máis "accesible". Segundo presentaron os seus organizadores onte en Santiago, O Camiño dos Satélites partirá o día 2 de outubro desde Roncesvalles e durante 30 días se dirixirá a Santiago co emprego de ferramentas como a tecnoloxía GPS, a xeolocalización e as audioguías, para facilitar a ruta de persoas con diversidade funcional.

En total serán 20 os "tecnoperegrinos" que este ano poderán inaugurar o proxecto, que nace con vocación de "continuidade", segundo explicou Enrique Varela, presidente da Fundación Tecnoloxía Social, quen indicou que os participantes disporán tamén dun informe de accesibilidade desta ruta. En concreto, a intención é demostrar a utilidade dalgúns dispositivos tecnolóxicos na tarefa de facer "máis accesible o camiño", algo no que tamén colabora a Xunta a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, a Secretaría Xeral de Familia e a Secretaría Xeral de Modernización; ademais de varias empresas galegas de tecnoloxía como Blu:sens. A secretaria xeral de Familia, Susana López Abella, confiou en que esta iniciativa sirva para "achegar" as novas tecnoloxías ás persoas con algún tipo de discapacidade para "dotalas de maior autonomía". Na mesma liña, a secretaria xeral de Modernización, Mar Pereira, asegurou que os avances tecnolóxicos se "incorporan á vida cotiá e fana máis sinxela".

 

Doce albergues do Camiño francés xa están adaptados

O xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, apuntou como "prioridade" e como "principal vía de acción" na súa xestión o "coidado do Camiño" e o traballo para convertelo nun "lugar accesible para todos". Así, recordou que na actualidade 12 albergues do Camiño Francés xa son accesibles para persoas con diversidade funcional, e que o departamento que dirixe traballa para "aumentar" a cifra.

Os "tecnoperegrinos" con diversidade funcional empregarán un trazado en GPS e un informe de accesibilidade combinado con audioguías para realizar a ruta, onde estarán xeolocalizados a tempo real dentro dun mapa. Paralelamente, gravarase un documental diario coas experiencias de Serafín Zubiri e realizaranse presentacións das tecnoloxías empregadas durante a ruta. Ademais, está proxectado que en futuros anos poidan engadirse outros elementos tecnolóxicos como e-milladoiros, que informen as posibilidades da ruta in situ, equipamento deportivo tecnolóxico e informes de accesibilidade.

Para Zubiri, que compuxo a canción Unha liña no ceo, este proxecto ten "algo que non atopara nunca" noutra iniciativa, a unión de deporte, música e a posibilidade de "reciclarse desde o punto de vista interior".

CRÍTICAS

Santiago acusa a Turismo de igualar polo baixo a súa programación

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, acusou onte a Xunta de "cortarlle a cabeza" a Santiago e igualar por abaixo a súa promoción turística, a pesar de que a capital galega é a responsable de "manter" e "paliar" o "déficit" no sector que se percibe en Galicia, a través do seu número global de durmidas. O concelleiro incidiu na relevancia da cidade no sector -cun incremento do 6,2% nas pernoctacións en 2009, liderando o grupo das cidades patrinonio- e criticou que a Consellería "só ten reducido exponencialmente a súa colaboración" en promover Santiago no ámbito internacional e, ademais, reprochou o "fallo de ruta" cometido na campaña do Xacobeo 2010.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS