Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
Portada » Hemeroteca web

CONSUMADA

Prospera entre apupos a moción de censura contra o alcalde do Porriño

01.02.2010 Realizouse cos apoios dos concelleiros do Partido Popular, Independentes por Porriño e Cidadáns por Porriño, esta última formación do novo rexedor, Nelson Santos

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE. O PORRIÑO (PONTEVEDRA)

A moción de censura contra o alcalde do Porriño, Raúl Francés, do BNG, prosperou hoxe cos apoios dos concelleiros do Partido Popular, Independentes por Porriño e Cidadáns por Porriño (CxP), esta última formación do novo rexedor, Nelson Santos.

A sesión plenaria, que durou preto de dúas horas, iniciouse ó mediodía cunha importante presenza de público no salón de plenos do Porriño, que coreou consignas e realizou apupos contra os concelleiros que apoiaron a moción de censura.

As reprobacións mantivéronse constantes durante toda a sesión, salvo nos minutos que ocupou o alcalde saínte para explicar o posicionamento do seu grupo, o BNG.

O respaldo a esta moción supón configurar un novo Goberno de centro-dereita no municipio e tamén pon as bases para que as tres forzas que subscriben o documento se alíen e se fundan nunha soa formación de cara ós próximos comicios.

A do Porriño é a undécima moción que se consuma en Galicia desde as eleccións municipais do 2007 e a cuarta na provincia de Pontevedra, tras os casos recentes de Mos, Gondomar e Silleda.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS