Mércores 08.09.2010
| Actualizado 04.09
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| De esquerda a dereita Augusto Pérez, Mabel Rivera, Julio Casal, Henrique Banet e Carlos Otero FOTO: GH |
O Club Internacional de Prensa albergou onte en Santiago de Compostela, a presentación do documental Destino Kala Pattar: ós pés do monte Everest, que comezará a gravarse este mes, da man de Ficción Producciones e Namche Films. A rodaxe, dirixida e guionizada por Henrique Banet, durará ata xaneiro de 2007 e amosará, en 10 capítulos, as paixases da subida a Kala Pattar, no Himalaia.
Despois dunha breve mostra audiovisual do que será o proxecto, Julio Casal, un dos produtores executivos, falou da beleza das paisaxes da zona e explicou que era un privilexio formar parte do proxecto proposto por Henrique Banet e Mabel Rivera "con el abríronsenos as portas do ceo, porque eles xa contan con experiencia anterior".
Este compendio de imaxes constitúe a resposta a moitas das preguntas dos seus autores, xa que tenta reflectir os costumes sociais, as crenzas, a relixión e as formas de vida das persoas que residen no contorno do Himalaia por encima dos 3.500 metros de altitude.
Julio Casal agradeceu a participación dos técnicos que forman parte da expedición, xa que se teñen que someter a riscos como o mal de altura para poder levar a cabo o reto e explicou que contarán coa axuda de xente autóctona que lle ensinará cómo convivir con eles e enchouparse da súa cultura.
O director de Destino Kala Pattar explicou que o equipo desenvolverá o seu traballo na zona de Solo Khumbu, ao pé do Everest, onde residen os sherpas "unha cultura que se foi desenvolvendo dun xeito autónomo, illada do resto do mundo", afirma. Isto, xunto coa grande actividade xeolóxica do lugar é segundo Banet, un campo ideal de cultivo para gravar a serie, idea que xorde hai aproximadamente cinco anos, despois de numerosas viaxes turísticas dos seus creadores.
As dificultade, principais do proxecto é a altitude, pero isto, á súa vez supón unha vantaxe, pois "o turismo non se masifica e polo tanto a zona conserva a súa autenticidade", declara o director.
Malia isto, os cambios producidos dende a conquista de Edmund Hillary no Everest tamén serán obxecto do documental, pois a xente da zona pasou a vivir da agricultura e do comercio a subsistir das expedicións, o que fai que esa cultura se vaia "occidentalizando ilóxicamente". A isto débense problemas como o da deforestación sen repoboación, que provoca a erosión dos solos.
Ademais a directora de produción e narradora das imaxes Mabel Rivera, manifestou que pretenden achegar aqueles mundos que parecen moi afastados e demostrar que "calquera persoa pode subir ao Everest atendendo sempre ás recomendacións dos expertos". Na conferencia de prensa tamén participaron o zoólogo Carlos Otero González, que falou da riqueza de fauna e flora do Himalaia, onde se conseguiron numerosas especies de plantas que están no herbario da universidade, e o morfoxeólogo Augusto Pérez Alberti, quen incidiu nos cambios que sofre a paisaxe pola acción humana.
A xornada tamén estivo marcada polos incendios que asolagan Galicia, "ata hai dous ou tres días estaba preocupada polo mal de altura, pero agora o inferno está aquí", denunciou Mabel Rivera, que en tono irónico asegurou que dedicaría a viaxe para pedirlle a Buda "que nos salve desta situación".
O proxecto: "Nas portas do ceo"
Para comprender mellor a envergadura deste proxecto bautizado co nome Nas portas do ceo, as dúbidas poden consultarse na web www.enlaspuertasdelcielo.org, un claro exemplo do traballo desempeñado durante case cinco anos por Banet e o seu equipo. O documental Destino Kala Pattar: ós pés do monte Everest é unha das iniciativas e trata dunhas persoas que tras ver un filme sobre o Everest, deciden viaxar ao Himalaia e visitar o Kala Pattar para admirar a beleza da paisaxe. Os viaxeiros estarán asesorados por uns expertos que os axudarán a superar as dificultades do ascenso. Todo isto, coa intención de profundar no coñecemento das etnias do contorno e obter unha visión, á dos turistas