Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
Portada » Hemeroteca web

nas ONDAS

A Radio Galega ofrécelle a Beiras os 3 minutos da rebotica

27.10.2006 Internautas denuncian que a emisora suprimiu toda referencia a "Galicia Hoxe" nos resumos de prensa e móstranlle o seu apoio ó político

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

ROSA RODRÍGUEZ . SANTIAGO

Xosé Manuel Beiras, nunha protestas contra os lumes, en Santiago FOTO: GH
Xosé Manuel Beiras, nunha protestas contra os lumes, en Santiago
FOTO: GH

O director do programa nocturno A Crónica, na Radio Galega, Tino Santiago, púxose en contacto onte con Xosé Manuel Beiras, para ofrecerlle a súa reincorporación ó microespazo A Rebotica, onde o político falaba durante tres minutos, tres veces por semana. Beiras rexeitou esta proposta e só está disposto a volver á emisora para colaborar en A Crónica, faladoiro do que foi apartado en setembro.

O xornalista Tino Santiago consultará a proposta de Beiras co director da Radio Galega, Virxilio Costas, tras o cal se lle dará unha resposta.

O ex voceiro do BNG denunciou esta semana "ser obxecto de censura política", o que motivou que se silenciara a súa voz. A radio pública negou con rotundidade este feito explicando que se tratan de reaxustes da nova temporada.

Os oíntes da Radio Galega foron os primeiros en preguntarse onde estaba Beiras. De un día para outro a súa voz deixou de soar sen recibir ningunha explicación. Moitos amosaron a súa preocupación en foros de internet. Despois de que este xornal respondera as súas inquedanzas, a rede segue sendo o medio usado para mostrar as súas opinións. Así, no enderezo www.noticiasgalicia.com pódese ler o seguinte comentario: "Parece que ós censores da RG non lles colmou o suficiente botar ao Beiras dos faladoiros. Xa postos, decidiron censurar o medio que denunciou semellante atropelo ó veterano ex líder do BNG.

Para máis inri, o periódico Galicia Hoxe desapareceu dos resumos de prensa que realiza a emisora pública per a matina". E é que ordes son ordes. Os oíntes poden constatar que desde o mércores pasado os da casa da radio suprimen toda referencia ó diario -por certo, único que se edita en galego no noso país- que se atreveu a denuncialos por censores. Moitos pregúntanse, agora, se por simpatía tamén se atreverán a censurar e/ou a expulsar dos "faladoiros" ó veterano tertuliano da casa, ó director de Galicia Hoxe. Xa veremos....".

A web de Galicia Hoxe rexistrou opinións como estas: "... dereitización, autonomismo militante... Deixo a militancia no BNG".

Outro internauta anónimo asegura: "Entre todas as versións por certo tan subxectivas as do director da RG como as de Beiras ... eu quedo coas de Tino Santiago, director da "Crónica", da RG. "Eu sigo contando con Beiras para o programa... Ó señor Beiras volveulle a pesar demasiado o seu exceso de protagonismo e a súa nova postura de vítima..."

NA REDE

"Beiras, manda ó carallo a UPG" x

O internauta Manuel escribe: "Beiras manda a UPG ó carallo e non teñas pegas históricas ou de unidade do BNG. A Coruña está contigo".

BLOG

"Neoestalinistas dispostos a todo" x

No blog "As uvas na solaina", e baixo o título "Beiras vetado na Radio Galega" , Marcos Valcarcel escribe: "Acabo de saber por Galicia Hoxe que Xosé Manuel Beiras foi vetado no programa da Radio Galega no que colaboraba. Segundo este xornal, por comisarios políticos da UPG, tema ó que dedica tamén un comentario o director de Galicia Hoxe, Caetano Díaz. Se tal nova se confirmase (cousa que, por desgraza, non me estrañaría nada), iso significa que xa se pasou a fronteira das "boas maneiras" que reclamaba o noso Eduardo Blanco Amor.

E que algúns neoestalinistas están dispostos a todo: moi cedo empezarán a borrar as fotografías do vinte e cinco de xullo dos últimos anos para eliminar nas imaxes os rostros de Xosé Manuel Beiras e de Camilo Nogueira e quen sabe se todos os simpatizantes dos mesmos (seguro que os teñen ben controlados). Admítense curriculums para a convocatoria de novas prazas de funcionarios neohistoriadores e neopensadores, na mellor xinea do relato de George Orwell...

Como en "1984" "alguén quere aquí reescribir a historia e dicirnos o que debemos pensar e o que non".(Imaxe: o Savonarola foi un bo precursor dos totalitarismos de hoxe).

 

 

 

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS