Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
Portada » Hemeroteca web

municipais 2007

Xuventudes Socialistas prepárase para as eleccións

29.10.2006 Institucións máis preto dos mozos

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

. E.P.

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) propuxeron onte aproveitar as eleccións municipais de 2007 para fomentar o achegamento das institucións ós mozos, xa que, ó seu xuízo, as xeracións novas aínda "as ven como algo moi alleo a eles".

Trátase dunha das principais apostas da primeira reunión do Foro Institucional Xoven, organizado en Santiago onte para definir as liñas de actuación de cara ós comicios de maio e tras o que a secretaria de Política Institucional das XSG, Silvia Fraga Santos, explicou en roda de prensa que se estableceron cinco "liñas principais" de actuación.

Con elas, a federación xuvenil do PSdeG aspira a "facer partícipes os mozos da política" que se desenvolve na actualidade na comunidade e, por iso, servirán inicialmente como programa para as eleccións municipais e se "concretarán" en liñas de actuación posteriores.

Así, na roda de prensa, Silvia Fraga Santos sinalou que os "ámbitos principais" deste programa son a emancipación dos novos, diferentes liñas de vivenda, traballo e mobilidade; mocidade solidaria, para "dignificar o labor deste colectivo"; hábitos de vida saudables, que fomentará o deporte e a educación para a prevención do consumo de drogas; os "concellos como cidade", onde os mozos se poidan relacionar coa política; e o "fomento da participación" dos mozos no actual sistema político.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS