Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
Portada » Última Hora  |  RSS - Última Hora RSS

planta de gas

Detido o patrón maior de Ferrol nunha carga policial contra mariscadores que impedían a entrada do metaneiro a Reganosa

29.05.2007 Tras lograr impedir a súa entrada hoxe, os mariscadores anunciaron que mañá volverán realizar o mesmo tipo de accións

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P. FERROL

O patrón maior da Confraría de Ferrol, Bernardo Bastida, foi hoxe detido nos enfrontamentos que se produciron cando os mariscadores intentaban impedir a entrada na ría do metaneiro 'Mourad Didouche' e no que se produciu unha carga policial contra os que esperaban a chegada das 40 embarcacións que participaron na acción.

O segundo barco que chega con destino a Reganosa dende a entrada en funcionamento en probas da planta de gas de Mugardos (A Coruña) non puido finalmente acceder pola protesta do colectivo que, tras o arresto de Bastida e a resposta policia, decidiu dirixirse en masa ao cuartel da Guardia Civil de Canido onde foi trasladado o patrón maior.

As embarcacións permaneceron á entrada da ría ata as 16.00 horas cando finalizaba a preamar diúrna, xa que despois o metaneiro xa non podería manobrar para atracar. Por estes motivos, o 'Mourad Didouche' diríxese agora mesmo á Ría de Ares, onde fondeará ata que suba de novo o mar para intentar de novo entrar a Reganosa.

As embarcacións dos mariscadores estiveron na zona, dando voltas, para evitar así --segundo explicaron a Europa Press-- estar parados e que as tres patrullas da Guardia Civil lles tirasen auga dende as zódiacs para dificultar esta medida de obstrución.

O metaneiro chegou a situarse a dúas millas da entrada do Reganosa, custodiado por dous remolcadores, mentres outros dous estaban en porto xunto a lanchas dos prácticos. Dende o inicio das accións de obstrución dos mariscadores un helicóptero estivo a sobrevoar a zona.

MANOBRAS

Segundo explicaron a Europa Press os mariscadores, saíron ao mar para evitar que o metaneiro "metese o morro" na entrada do porto, porque, se é así, terían que deixalo entrar "porque este buque non podería manobrar cara a para dar marcha atrás".

Tras lograr impedir a súa entrada hoxe, os mariscadores anunciaron que mañá volverán realizar o mesmo tipo de accións, porque "dan por feito" que o metaneiro tamén volverá intentalo mañá na hora de preamar.

O buque está cargado con 55.514 toneladas de gas natural licuado (111.028 metros cúbicos). Trátase dun buque con 274,4 metros de eslora e capacidade para ata 140.000 metros cúbicos de GNL. O momento óptimo de entrada sería coa preamar diúrna, a partir de as as 15.48 horas.

O Comité de Emerxencia explicou que esta acción de obstrución é para evitar o acceso a Reganosa do buque, por considerar que a planta de gas supón un risco real para a vida das persoas en caso de accidente e que a súa posta en funcionamento danará a riqueza marisqueira da ría.

INCUMPRIMENTO

Ademais, o colectivo incidiu en que a planta de gas non debería funcionar en probas, xa que as obras de construción aínda non se finalizaron e non cumpre coa distancia regulamentaria ás poboacións próximas.

Así, o colectivo denunciou que as normas de Capitanía Marítima de Ferrol determinan que en caso de emerxencia durante a descarga, o metaneiro sexa desatracado do muelle e levado ao fondeadoiro de Santa Lucía, situado a uns cen ou douscentos metros, máis cerca aínda do núcleo de poboación principal de Mugardos e da cidade de Ferrol.

Para Carmelo Teixeiro, coordinador do comité, as normas de Capitanía Marítima confirman que, en caso de emerxencia, o metaneiro non podería saír ao mar como require a norma EN-1532 e suporía unha clara ameaza á vida da poboación.

O Comité Cidadán de Emerxencia --apelando á "defensa da vida da ría e da legalidade"-- solicitou ás autoridades competentes que prohiban a entrada do buque, baseándose en que Reganosa "non ten todos os permisos en regra e en que é imposible a saída ao mar en caso de emerxencia".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS