Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 22.11.2014  | Actualizado 12.34

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1
  • Imprimir
  • Enviar por correo

POLÉMICA

O Rei abandonou o plenario do Cume Iberoamericano polos ataques a España

O monarca español deixou o plenario mentres Ortega criticaba o comportamento da empresa española Unión Fenosa

EFE. SANTIAGO DE CHILE  | 10.11.2007 
A- A+

O rei de España Juan Carlos I abandonou hoxe o plenario do Cume Iberoamericano molesto e en protesta polos ataques ó ex presidente do Goberno José María Aznar, ó seu país e ás supostas accións do seu servizo exterior, dixeron fontes oficiais.

Juan Carlos I regresou posteriormente á cerimonia de clausura.

Os presidentes de Venezuela, Hugo Chávez, e de Nicaragua, Daniel Ortega, protagonizaron os ataques.

O monarca español deixou o plenario mentres Ortega criticaba o comportamento da empresa española Unión Fenosa.

O rei non estivo presente durante a interpretación do himno chileno, que pechaba os debates.

Antes, Hugo Chávez atacara a Aznar, acusándoo de apoiar o golpe de abril de 2002 e cualificándoo de novo de "fascista". 

O presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, reprochou a Chávez os seus ataques a Aznar, ó que respondeu o presidente venezolano apelando ó seu dereito a opinar, momento no que Juan Carlos I lle espetou: "¿Por que non calas?".

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS