Xoves 03.12.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 1 de 3]noticia anterior de Última Hora Portada » Última Hora  |  RSS - Última Hora RSS

SUCESOS

Achan o corpo da moza desaparecida en Redondela, nunha zona boscosa e con signos de violencia

12.15h. Uns veciños do lugar din que a pasada tarde viron un automóbil abandonar a zona precipitadamente

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EUROPA PRESS. REDONDELA

O corpo de Alejandra Soto-Alján López, a moza de 17 anos de idade de Redondela (Pontevedra) que permanecía desaparecida desde o pasado martes, presenta "golpes" na cara, segundo manifestaron os dous veciños que atoparon o cadáver nunha zona de monte da parroquia do Viso.

En declaracións ós medios de comunicación, Carlos Martínez, un dos dous homes que achou o cadáver de Alejandra, comentou que o corpo estaba sen a saia escocesa que vestía o pasado martes, pero si levaba o resto de pezas.

Segundo comentaron estes veciños que colaboraron como voluntarios no dispositivo de procura, acharon o corpo sobre as 09.50 horas "atravesado" no medio dun camiño no monte Sara Magoso, na parroquia do Viso, "coma se alguén quixese que o atopasen". 

Á beira do cadáver, nun alto do camiño, atoparon, segundo engadiron, unha lanterna, o móbil da moza e unha botella de auga. Ademais, comentaron que toda a zona estaba "moi pisada". 

Pola súa banda, dúas mulleres da zona manifestaron, en declaracións ós medios de comunicación, que a pasada tarde, sobre as 17.00 horas, atoparon un "coche gris" no que ían dous mozos novos -un con pelo curto e outro longo- que, cando as viron, marcharon "rapidamente".

Así, Marisol Vidal concretou que o vehículo, ó ser un camiño estreito, tivo que ir "marcha atrás". "Nunca vin a ninguén ir tan rápido marcha atrás", sostivo e afirmou que avisaron diso a Policía.

Estas dúas veciñas resaltaron que os ocupantes do coche "teñen que ser da zona" porque coñecían as características do camiño do monte "por como conduciron por el". Por mor desta voz de alerta destas señoras, a Policía abriu un operativo para intentar localizar o vehículo.

Ademais, axentes da Policía Científica trasladáronse ó lugar onde foi achado o corpo para solicitar probas e intentar esclarecer os feitos.

Fontes da Delegación do Goberno en Galicia aseguraron que se traballa "con varias hipóteses" que inclúen a posibilidade de que se trate dunha morte provocada ou ben accidental.

Así mesmo, agregaron que se puxo en marcha o dispositivo habitual neste tipo de casos, pero polo momento non se produciron detencións.

A moza desapareceu entre as 19.30 e as 21.10 horas do martes pasado, tras manter o seu último contacto desde o seu domicilio, a través de Internet, cunha amiga.

No dispositivo de procura para localizala participaron efectivos de Policía Nacional, Policía Local, Protección Civil, Garda Civil e algúns veciños que acudiron voluntariamente. Tamén interveu un helicóptero, axentes de Redondela e de Vigo, así como cans, que peitearon a zona do Viso.

A irmá de Alejandra, Esther Soto, comentou que a súa familia non sabía "onde, nin por que, nin con quen" puido marchar Alejandra, a quen definiu como unha persoa "introvertida, tranquila, boa estudante e pouco conflitiva". De feito, segundo engadiu, a relación cos seus pais, que están "esnaquizados" polo sucedido, era normal e non xurdira ningún tipo de discusión nos últimos días.

Ademais, a súa irmá comentara que a moza tivo que ser levada "á forza", xa que saíu "co posto", deixando en casa as chaves, a súa carteira e a súa cazadora, a pesar de que o día en que desapareceu era bastante desapracible.

A Policía interrogou o martes os amigos de Alejandra, á vez que investigou as últimas chamadas recibidas por ela no seu teléfono móbil, que estivo apagado desde o día da súa desaparición. Ata o lugar dos feitos trasladouse a Policía Científica para solicitar probas e intentar esclarecer o sucedido.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS