Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Rede  |  RSS - Rede RSS

TECNOLOXÍA

Steam, a mellora do sistema CCD das cámaras

01.05.2009

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AXENCIAS . MADRID

A web de Keisuke Goda, quen dirixiu os investigadores responsables do achado: http://www.ee.ucla.edu/~goda FOTO: Internet
A web de Keisuke Goda, quen dirixiu os investigadores responsables do achado: http://www.ee.ucla.edu/~goda
FOTO: Internet

Investigadores da Universidade de California nos Ánxeles (Estados Unidos) desenvolveron un novo tipo de cámara que pode capturar imaxes en rápido movemento cun nivel de sensibilidade e resolución moi superiores ás que se conseguen mediante o emprego dos dispositivos actuais que se usan tanto no ámbito doméstico como no profesional.

As características do seu avance publícanse esta semana na revista científica Nature, en concreto na edición que leva a data de onte.

Os creadores desta tecnoloxía, chamada microscopía amplificada de codificación de tempo serial (Steam, segundo as súas siglas en inglés), esperan que a cámara teña aplicación nos ámbitos biolóxico e médico.

O disparador do dispositivo, desenvolvido polo equipo de Keisuke Goda, ten unha velocidade de 44 picosegundos e unha velocidade de fotogramas de 163 nanosegundos, polo que supera con facilidade as cámaras convencionais baseadas nos dispositivos de carga interconectada (CCD).

A diferenza clave é que non se utiliza CCD. No canto diso, as imaxes bidimensionais amplifícanse e detéctanse cun detector de luz dun único píxel e despois captúranse cun osciloscopio.

Debido a que a cámara amplifica as imaxes ópticas, supéranse os inconvenientes fundamentais entre a sensibilidade da imaxe e a taxa de fotograma que limita a tecnoloxía CCD. Ademais, a diferenza doutros métodos de imaxes de alta velocidade, o novo sistema non require arrefriado ou unha iluminación de alta intensidade.

Para demostrar o potencial e a viabilidade desta creación, os autores recolleron satisfactoriamente imaxes en tempo real dun torrente de microfluídos, así como tomas dunha intervención médica realizada con láser.

Aínda que a actual resolución máxima das imaxes obtidas pola cámara é duns 2.500 píxeles, Goda pensa que se poderá mellorar no futuro conforme avancen as investigacións.

A cámara deseñada polos investigadores da Universidade de California nos Ánxeles podería ser empregada para facer estudos de combustión, corte con láser e calquera outro sistema que cambie con rapidez e de xeito impredicible, e na opinión de Goda podería ser de utilidade para calquera científico que necesite para os seus traballos un aparello semellante.

Keisuke Goda salientou ademais o feito de que o sistema agora presentado utiliza unha tecnoloxía electrónica simple, que xa os elementos que o compoñen se comercializan en parte, polo que a adaptación para a nova finalidade sería sen dúbida máis fácil que se houbese que partir de cero.

Con todo, a chegada do invento ó mercado seguramente non será por iso moito máis rápida, xa que adaptar tecnoloxías a un proceso industrial acostuma ser un proceso longo e custoso.

Na web de internet www.nature.com/news poden verse imaxes relativas á tecnoloxía desenvolvida así como información complementaria sobre a noticia e mesmo un vídeo sobre o funcionamento.

A información tamén foi recollida na edición en papel da publicación e mais noutros medios especializados en tecnoloxía coma a revista Wired ou na web de ciencia da cadea británica BBC

A web de Keisuke Goda, quen dirixiu os investigadores responsables do achado: http://www.ee.ucla.edu/~goda

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS