Venres 18.12.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 1 de 5]noticia anterior de Rede Rede  |  RSS - Rede RSS

INNOVACIÓN

As TIC son claves para a xestión das empresas

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO

Ineo organizou a presentación do libro nas oficinas da Zona Franca de Vigo nun acto no que participaron Carlos Suárez, esquerda, a secretaria xeral de Modernización da Xunta de Galicia, Mar Pereira FOTO: INEO
Ineo organizou a presentación do libro nas oficinas da Zona Franca de Vigo nun acto no que participaron Carlos Suárez, esquerda, a secretaria xeral de Modernización da Xunta de Galicia, Mar Pereira
FOTO: INEO

Álvaro Gómez e Carlos Suárez acaban de presentar en Vigo a terceira edición do seu libro Sistemas de Información. Ferramentas prácticas para a xestión ante case un centenar de directivos e de representantes de empresas pertencentes a diferentes sectores produtivos galegos.

As anteriores edicións da publicación tiveron "unha extraordinaria acollida no ámbito académico", segundo a editorial Ra-Ma e actualmente se utiliza como libro de referencia "en máis de 50 universidades de España e Latinoamérica en carreiras como Empresariais ou Enxeñerías" sendo o texto "con maior difusión en lingua española" referente a esta materia no ámbito universitario.

No volume analízase como as novas tecnoloxías se converteron "no soporte fundamental para a xestión de calquera organización e para o aumento dos niveis de produtividade e competitividade de calquera empresa", segundo se puxo de relevo no acto. A utilidade da publicación vén principalmente do seu carácter funcional e práctico, e desde a perspectiva da aplicación real das tecnoloxías da información e as comunicacións nas empresas e non desde un punto de vista puramente tecnolóxico.

Ó acto de presentación, organizado por Ineo no edificio de Oficinas do Consorcio da Zona Franca na cidade olívica, asistiu a máxima responsable do goberno autonómico en materia de modernización tecnolóxica, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Mar Pereira.

Ineo preséntase como a asociación TIC de referencia en Galicia, que agrupa 84 empresas do sector das novas tecnoloxías, e segundo afirmou no acto da presentación o presidente da asociación, Jorge Cebreiros, as TIC "convertéronse no máis importante motor de desenvolvemento económico e só as empresas que aposten fortemente pola modernización e a innovación van poder sobrevivir no contexto do mercado actual". Os propios autores do libro, Álvaro Gómez e Carlos Suárez, foron os encargados de describir máis en detalle os contidos e a utilidade dun libro co que "tratan de darlles resposta ás cuestións que se formulan moitos directivos en relación coas aplicacións que se requiren na xestión empresarial" e que foron recollendo ó longo dos últimos anos grazas "ó traballo e ó contacto permanente cunha gran cantidade de empresas" interesadas na cuestión.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS