Mércores 22.08.2007      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 3 de 9]noticia anterior de Galicia Galicia  |  RSS - Galicia RSS

REPORTAXE

Galicia, sede internacional do ioga

Lugo acolle o Festival Internacional de Kundalini Ioga, unha práctica oriental de grande éxito en países como Italia e Francia, onde os seus seguidores combinan danza, meditación, relaxación e artes marciais co fin de cultivar corpo e mente

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Un grupo de persoas practicando unha das modalidades de Kundalini
Un grupo de persoas practicando unha das modalidades de Kundalini

Portocarreiro, unha pequena vila no medio da natureza no concello de Antas de Ulla na provincia de Lugo, foi o lugar escollido polo Centro de Ioga Kundalini Narayan de Vigo para erguer A Casa da Terra. Un fogar no que a alimentación física é tan importante como a psíquica.

Estes días son distintos para os organizadores coma Narayan Singh porque é a primeira vez que España acolle o Festival Internacional de Kundalini Ioga e é “especial para nós porque se celebra aquí, en Galicia ata onde se achegou xente de Victoria, Sevilla, Viscaia e, obviamente, moitos galegos”.

Como afirma Narayan esta é a primeira vez que se celebra no noso país, pero este festival ten antecedentes internacionais moi importantes como as citas en “Italia e Francia, onde acudiron máis de mil cincocentas persoas, pois é no país galo onde esta práctica oriental conta con máis adeptos”.

 “Hoxe aquí somos unhas douscentas persoas; pero hai que ter en conta que, a primeira vez que se celebrou en Francia só eran uns 80”. Unha cousa estraña iso do ioga, na comunidade galega, práctica descoñecida que “en xeral está tendo unha resposta moi boa por parte dos veciños” do lugar, que ven como nesta semana non paran de vir coches e máis coches con matrículas de Madrid ou Sevilla por camiños nos que normalmente só pasan algúns lugareños acompañados dos seus rabaños de ovellas ou vacas.

E é que se de algo é exemplo esta comunidade é dunha boa convivencia: Aquí atopamos distintas relixións como a cristiá, a musulmá e a Sidj, tamén distintas nacionalidades e culturas. Este exemplo de boa convivencia reflíctese no momento da comida despois dunha ardua preparación culinaria por parte de dous expertos restauradores punyabis e dun exquisito manxar vexetariano no que os camareiros son os propios participantes do centro que se alternan en grupos de dez cada día.

Os nenos gozan de liberdade para xogar, correr e disfrazarse, como os da foto
Os nenos gozan de liberdade para xogar, correr e disfrazarse, como os da foto

Narayan Singh leva cultivando esta discipina oriental dez anos. “Kundalini é unha mestura de baile, artes marciais, meditación, relaxación... pese a que non se trata dunha relixión o que se desexa obter é o que na relixión se define como iluminación ou máis concretamente, un sentimento de satisfación plena”. Aínda que estamos nun contexto, como é o galego, moi tradicional, Singh asegura que a aceptación  é cada vez maior como o demostra o número de persoas que cada ano decide realizar Kundalini porque é unha actividade que se pode practicar de xeito “alternativo” a outras prácticas ou deportes. Así moitos “atletistas, deportistas... practican Kundalini porque dá máis rendemento , complementan o seu exercicio”.

Se desexasemos iniciarnos nesta práctica, so existe o centro de Vigo; pero os organizadores xa proxectaron comezar a dar clases en Santiago e na Coruña coa axuda de mestres ingleses, portugueses, americanos ou italianos. Poderemos coñecer esta práctica máis de preto o 15 de setembro en Santiago cando os organizadores do centro Narayan de Vigo, Sirikir Kavir e o propio Narayan darán en Compostela unha conferencia sobre Kundalini Ioga.

Esta modalidade oriental está chegando xa a empresas e executivos que comezan a utilizalo no seu día a día e é que, o mellor de Kundalini é que te permite continuar cos teus habitos diarios, e coas túas actividades pero “gozando máis das cousas de cada día”.

 Un dos principais obxectivos de A Casa da Terra era introducir esta filosofía oriental na nosa comunidade, por iso acolleu na semana do 15 de agosto este Festival Internacional para “dar a coñecer Kundalini ioga en Galicia”. Pero para isto hai que estar disposto a participar en actividades que comezan ás 5 da mañá coa práctica da Sadna, continuar con lecturas espirituais e rematar, ó redor das 7.30 da mañá con meditación. Así remata –ou empeza, segundo se mire– a primeira parte do día, cun almorzo vexetariano ás 8.15 para empezar a todos os obradoiros ó redor das dez e media da mañá  nos que chama especial a atención un dedicado ó parto que ensina a mudar e crear unha actitude dos pais durante a xestación e posterior nacemento.

Así que xa o saben, se deciden vivir cada día como se fose unha vida nova, pódense achegar a este gran descoñecido que é o Kundalini Ioga, para formar parte dunha comunidade internacional que coida tanto o interior como o exterior. l

EDUCACIÓN

Os máis pequenos son os grandes protagonistas

Pero realmente os nenos son aquí os grandes protagonistas. Na Casa da Terra corren as súas anchas, xogan con outros cativos, disfrázanse... e todo a cargo dun monitor que non lles saca ollo.

“Antes, asegura Narayan, tiñas ideais, hoxe non. Xogábase nas rúas e se compartía. Hoxe hai un baleiro, un baleiro interior moi grande nas persoas. A xente nunca estivera tan soa antes, é por isto que hai moitos casos de ‘extress’ e son necesarios tantos medicamentos para curar este tipo de enfermidades como as depresións”. Estamos rodeados de xente e estamos sós.  Aquí é onde entra unha disciplina como Kundalini. Dende a antiga sabedoría oriental intenta facer comprenderlle a xente que cada día é un renacer constante. Esto, sinala Narayan, “ten que loitar co modo de vida occidental que se basea no “lamento”. “No lamento de todos cada mañá cando en lugar de erguernos felices ‘choramos’ porque temos que ir ó traballo”.

Os pais traen aquí os seus fillos para que “teñan outra visión”. “Os nenos non van deixar de xogar coa  videoconsola; pero saberán que hai algo máis, que se comparte, se xoga en equipo.”

Segundo Narayan un dos problemas da sociedade de hoxe en día é que a xente só lle presta atención ó seu corpo, esquecendo completamente o seu interior.
Ensinándolles ós nenos a que hai “algo distinto que as modas” afirma Narayan, “é máis difícil que padezan os problemas que lles atinxen a nosa sociedade hoxe en día como son a anorexia e a bulimia, porque aquí aprenden a valorarse a sí mesmos. Teñen unha visión máis interior que exterior”.


Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS