Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

‘Operación Carballo’: recuperar o noso

07.11.2006 Rexenerar a rica biodiversidade galega e os terreos asolados polos lumes é o obxectivo desta iniciativa, promovida por Alberto Cifuentes. Alumnos do IES Auga da Laxe crearon un viveiro con 130 árbores autóctonas que volverán ó monte na primavera

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REBECA FERNÁNDEZ

Alumnos do IES Auga da Laxe FOTO: A.C.
Alumnos do IES Auga da Laxe
FOTO: A.C.

Recuperar a rica biodivesidade galega e contribuír a rexenerar os terreos asolados pola vaga de incendios de agosto. Con este obxectivo ponse en marcha a denominada Operación Carballo, unha iniciativa nada hai dezanove anos que este outono cobra unha dimensión especial. "Se a situación do bosques galegos é difícil, logo dos lumes deste verán volveuse moito máis complicada. A mellor maneira de recuperar o terreo queimado é plantar árbores: reteñen o terreos protexéndoo da erosión e a súa actividade é fundamental para a formación de solos ricos e fértiles", explica Alberto Cifuentes, profesor do IES Auga de Laxe de Gondomar e un dos principais promotores deste proxecto.

Recoller sementes de árbores autóctonas para despois plantalas e coidalas con mimo ata que un novo bidueiro, carballo, castiñeiro ou nogueira agromen entre o noso verde. Isto é á operación Carballo, unha forma de concienciación que busca que a xente se implique na recuperación dunha parte da nosa esencia: a nosa riqueza ecolóxica.

"A iniciativa naceu hai 19 anos como resposta a unha solicitude de sementes dunha organizacion conservacionista asturiana. Daquela mandámoslles uns cantos quilogramos de landras escollidas. Logo, Beatriz García Oñate e máis eu seguimos co proxecto pola nosa conta, implicando os amigos", explica Cifuentes. Aquela acción foi crecendo ata convertirse no que é hoxe: un proxecto no que traballan varios colexios e que conta co apoio de Caixa Galicia e Adega.

Os alumnos do IES Auga da Laxe emprenderon este ano unha nova selección de sementes que logo plantaron en envases, etiquetados co seu nome, data e especie, á espera de poder ser transplantados na primavera. O obxectivo é elaborar un viveiro de 70 carballos, 20 castiñeiros, 20 nogueiras e outros 20 loureiros. Para iso, os alumnos recolleron as sementes precisas e plantáronas en evases tetrabrick, procedentes dos seus fogares e reciclados para usar como maceta. Os envases mantéñense na propia aula, regándoos e coidando que a terra nin seque nin se enchoupe, ou quitando as herbas que medran na superficie. Ó remate do curso, as árbores quedarán a disposición de profesores e estudantes e das axudas de montes de Gondomar para plantar as árbores nos terreos máis axeitados. Os resultados son un éxito, xa que nestes 19 anos, a porcentaxe de obtención de árbores vai dun mínimo de 70% ata un máximo dun 95%.

A pesar diso, Cifuentes recoñece que moitas das especies despareceron, xa sexa polos incendios deste ano ou doutros, como pola apertura de estradas ou a construción de distintas infraestruturas que obrigaron á tala dos mesmos. Non obstante, Cifuentes móstrase orgulloso dos éxitos conseguidos: "Hai árbores que xa miden dous metros e medio e nos que xa puidemos colgar unha hamaca e tomar a sombra". Unha forma de recuperar o noso: dende o verde ata ós costumes.

A EXPERIENCIA

“Ó principio din ¡qué parvada!, pero despois traballan eles sós”

Nesta labor por recuperar a nosa riqueza ecolóxica, Alberto Cifuentes destaca o entusiasmo co que colaboran os alumnos do instituto Auga da Laxe. "Ó principio tómanno como toman todo agora estes rapaces, sen entusiasmo. Din ¡que parvada! e non queren facelo. Pero despois, comezan a traballar eles sós, cunha implicación absoluta". A elaboración do viveiro desenvólvena alumnos de 4º da ESO de Diversificación curricular, organizados en grupos de dez, xa que as experiencias doutras convocatorias demostraron que a iniciativa ten máis éxito cando traballan nelas grupos pequenos. Dende outubro comezaron a recoller as mellores sementes de landras, noces, castañas e loureiros, así como envases tetrabic do leite ou dos zumes e as botellas plásticas de auga, dedicando dúas mañás ó preparado dos recipientes, plantas as sementes e etiquetar os envases co nome, data e especie.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS