Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

Nace a fronte de Liberación do Grelo

23.02.2007 A primeira estrela mediática independentista galega faise chamar Andrés Solo. Vostede pode velo e escoitalo a través de Youtube. Alí recibirá consellos de como facer a “loita antiespanholista” ou como limpar a boca tras falar castelán

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

PILAR POUSADA

Andres Solo nun de varios vídeos que ten colgados na rede FOTO: YOUTUBE
Andres Solo nun de varios vídeos que ten colgados na rede
FOTO: YOUTUBE

Un grelo na pantalla e unha voz profunda. Aí está o nacemento da Fronte de Liberación do Grelo. O grelo ten que soportar o "ataque de espinacas, porros, aloe veras ou cabaciñas nas tendas galegas", dinos unha voz que nos recorda a Félix Rodríguez de la Fuente. Estamos en Youtube (www.youtube.com) e acabamos de seleccionar un dos moitísimos vídeos protagonizados por Andrés Solo (andressolo, se vostedes senten curiosidade), ou ese é o nome que nos aparece en pantalla. Volvendo ó noso vídeo arredor da importancia do grelo, efectivamente, vemos o grelo desprazado do primeiro plano polas compañeiras verduras. Por esta razón, o nosa ‘estrela mediática’ chama a todos os grelos das leiras galegas ó "movemento clandestino". É máis, somos chamados a formar parte do Movemento de Liberación do Grelo.

O grelo parece ser unha das obsesións de Solo, pois volven aparecer como tema central doutro vídeo, ó que axeitadamente denominou ‘resistencia culinaria’. Desde a súa cociña, este ‘aleccionador’ mediático defende a "baloca", a "uva" e o pemento galegos fronte ós españois e alértanos dos ‘perigos’ do azucre "español". "Este sucre –asegura– está deseñado para descualificar o pobo galego, co obxectivo de disminuír as nosas forzas para o combate contra o Imperio español". Non obstante, continúa, "o máis importante son os grelos e as nabizas, que debían estar na nosa dieta de xeito diario, se non diario, un día si e outro non, un día grelos e outros nabizas". Todo isto porque os grelos teñen un fondo valor simibólico. "E nós que lles damos", enténdese que ós españois: "grelos".

Moitas son as explicacións que nos ofrece este independentista desde a pantalliña de vídeos de YouTube. E os temas son do máis variado. Tras a ‘artillería’ culinaria, atopamos outra xoia: a ‘hixiénica’. En ‘Galiza Limpa’, solo explicamos que o seu sobriño, "pobre rapaciño" foi canda el e confesou que "falara castelán!".

Para solucionar o ‘embrollo’, solo recomenda a todo a quel que se vira obrigado a rebaixarse, é dicir, a falar español "non é máis que unha vítima da sociedade española". Para combater o problema, Solo recomenda o seu sobriño e todo aquele que queira escoitalo, que hai que tomar "as medidas hixiénicas adecuadas". Isto non é máis que lavar ben dentes e linguas, "non vaia ser que quede algún resto" e cuspir sobre o lavabo. Esa é a única fórmula. Haberá que preguntarlle a Solo se funciona.

O ‘YOUTUBE’ DA TERRA

Teutubo: vídeos en lingua galega

Teutubo está xa en marcha. Para que non coñezan o termo, é a primeira YouTube galega. Está xestionada pola Mediateca da Axencia Audiovisual Galega e recolle os mellores vídeos en lingua galega.

Teutubo permite ademais, que nos acheguemos ós ‘nosos’ vídeos do xeito máis ordenado posible pois oferta animación, curtametraxes de ficción actuais, curtametraxes de ficción dos anos 80-0, curtametraxes realizados nas, escolas galegas, documentais, Mestre Mateo 2006, Patrimonio audiovisual galego e videocreación.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS