Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

INFRAESTRUTURAS

Córtase a vía do Barbanza tras a Semana Santa para facela autovía

28.03.2007 O primeiro tramo afectado será entre Dodro e Boiro, de 21 quilómetros, polo que o tráfico vai desviarse a través da AC-305, que á vez vai ser acondicionada para soportar o maior volume de coches ·· As molestias empezan esta semana con pequenos cortes intermitentes

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AXENCIAS . RIANXO

Jacinto Parga, pola esquerda, Jesús Ares, Xosé Deira e Manuel Morato, onte en Rianxo
Jacinto Parga, pola esquerda, Jesús Ares, Xosé Deira e Manuel Morato, onte en Rianxo

As obras de desdobramento da Vía do Barbanza VG-1.1 motivaran cortes do tráfico tras a Semana Santa para a súa conversión en autovía, segundo anunciou onte a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

O director xeral de Obras Públicas, Manuel Morato, anunciou onte en Rianxo que o primeiro corte programado será entre a ligazón de Dodro e a de Boiro, duns 21 quilómetros, que se iniciará despois de Semana Santa con duración ata finais de xuño.

 

Volverá abrirse entre xullo e agosto

A vía volverá abrirse ó tráfico en xullo e agosto, no período de maior afluencia turística.

Durante ese corte, o tráfico desviarase a través da AC-305 que, segundo Manuel Morato, será debidamente acondicionado para soportar unha maior circulación de vehículos.

O resto do trazado, entre Boiro e Ribeira poderá ser utilizado con normalidade nos seus 19 quilómetros. Antes de que se produza ese peche entre as ligazóns de Dodro e Boiro, xa a partir desta semana haberá interrupcións puntuais do tráfico obrigadas polas voaduras que se deben realizar para a ampliación da calzada. Os técnicos da Consellería estudan unha solución técnica, a construción dunha ligazón, que permita acortar a lonxitude do itinerario alternativo a través da AC-305 cun paso provisional para os vehículos lixeiros sobre o viaduto que a Vía do Barbanza ten sobre a Ría de Arousa, entre Rianxo e Boiro.

A CPTOPT lamentou as molestias que para a cidadanía vai supoñer este peche e as paralizacións do tráfico polas obras, que vai supoñer unha limitación da mobilidade para os veciños da comarca.

DATOS

Construiranse oito viadutos

As obras da autovía que ocupará o que hoxe é a Vía do Barbanza, inclúen a construción de oito novos viadutos paralelos ós actuais e obriga á demolición dos situados en Té, O Lampón e O Cespón para construír os novos.

Obras Públicas tamén informou onte de que 3.800 metros da nova autovía corresponden a 7 tramos que discorrerán por un trazado distinto do actual (9,5 por cento da lonxitude total) e en 8.500 metros a nova vía coincide en planta coa vía VG-1.1, pero non en alzado.

A CPTOPT quixo deixar claro onte que xa está a operar para apurar ó máximo os traballos que permitan contar coa autovía moito máis segura, operativa e de maior capacidade que a actual. Esta vía é coñecida polo seu alto nivel de sinistralidade.

 

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS