Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

URBANISMO

Ecoloxistas de tada Galicia únense nunha gran protesta en defensa do territorio

29.04.2007 Os máis de corenta colectivos que teñen convocada unha manifestación para o vindeiro domingo, día 6, en Compostela, publican o seu manifesto ·· Reclaman deste xeito "a implantación dunha nova cultura do territorio", que debería plasmarse nun plan director de ordenación

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

As asociacións ecoloxistas de toda Galicia chaman a cidadanía a participar nunha manifestación contra a degradación do territorio. A cita, o próximo 6 de maio en Santiago de Compostela. Para recordarlle a convocatoria a todos os cidadáns e para explicar os motivos de tal protesta, os máis de 40 colectivos reunidos para este acto presentaron onte un comunicado en forma de manifesto.

"Denunciamos o grave estado de deterioro e de crecente degradación en que se atopa todo o territorio galego, un acelerado proceso de expolio e destrución que lle afecta tanto á costa como ao interior", explica nun comunicado Antón García, de Fusquenlla, a organización que lanzou a idea desta concentración.

Os manifestantes teñen claras as súas reividicacións, que resumen nos seguintes puntos: o cumprimento da lexislación vixente, ­unha nova lei de ordenación do territorio da comunidade, promover unha estratexia de xestión integrada do litoral, a protección efectiva e amplicación da aplicación das figuras de protección ambiental e a transparencia e a participación da cidadanía nas decisións que lle atinxen ao territorio

Antón García e todo o seu colectivo, con raíces en Pontedeume, deixan aínda máis claro o obxectivo final "a implantación dunha nova cultura do territorio"

Fusquenlla e as máis de 40 asociacións que convocan a manifestación do vindeiro domingo na capital de Galicia, consideraron importante facer público un manifesto no que denuncian a realidade actual do territorio galego e claman por solucións.

 

Aviso ós concellos de despois das eleccións

"Pensamos que a actual Xunta de Galicia e que os concellos que saian das vindeiros comicios deberán coordinar os seus esforzos. E non só iso: a lexislación haberá de modificarse e os poderes centrais de Galicia están chamados a elaborar un plan director de ordenación do territorio, naturalmente discutido e acordado polas organizacións sociais e núcleos de opinión. Esta participación das multitudes na elaboración de tal plan director constituirá a garantía de que sexa plenamente democrático. Ora ben, sen planificación central e democrática da ordenación territorial o caos se perpetuaría".

Os ecoloxistas consideran que "soou a hora de que digamos: abonda". "A mobilización do 6 de maio ten que significar unha gran xornada de esperanza e unha chamada á Xunta e as administracións locais para que exerzan realmente o poder de que dispoñen para frear esta vaga de degradación e dilapidación do noso patrimonio sen se deixar intimidar polas forzas poderosas do diñeiro e da cobiza", remata o manifesto.

A CERNA

Apoio de destacados persoeiros

O Manifesto feito público onte polos colectivos que chaman a participar na manifestación do próximo domingo día 6 en Santiago está asinado polas máis destacadas personalidades dos eidos da ciencia, a cultura, e as artes de Galicia. Todo aquel que queira saber máis sobre o documento e os seus asinantes só ten que dirixirse á web www.redelitoralvivo.info. Neste portal aparece a relación de sinaturas actualizada.

 

Listaxe de asinantes

Xosé Luís Méndez Ferrín. Darío Xohan Cabana. Xosé María Álvarez Cáccamo. Antón Santamarina Fernández. Pedro de Llano. Francisco Fernández Rei. Gustavo Luca de Tena. Francisco Sampedro. Margarita Ledo Andión. Antón Seoane. Suso de Toro. Berrogüetto. Agustín Fernández Paz. Marilar Aleixandre. Carmen Nogueira. Anxo Angueira. Gonzalo Navaza. Antón Cortizas Amado. Xosé Manuel Souto González. Ramón Lorenzo Vázquez. Xosé Miranda. Pilar Faxil. Xabier Cordal. Iván Prado. Juan Carlos Román. X. Antón L. Dobao. Fran Alonso. Elvira Riveiro Tobío. Manuel Seixas. Fon Román. Xavier Senín. Xoan Anleo. Lamatumbá. Alba Nogueira. Ángeles Castro Dapena. Mª Carmen Fernández Rodríguez. Xabier Vence Deza. Mª Xosé Lázare Fouce. Camiño Noia Campos. Julián Maure Rivas. Xaime Nogueira Meixe. Xosé M. García Crego. Carme Hermida Gulías. Xosé Luís Regueira. Xosé Manuel Eyré. Xosé Henrique Costas. Xosé A. Laxe Martiñán. "Dakidarría". Jorge Salgado Cortizas. Alberte González Rodríguez. Francisco X. Redondo Abal. Amparo Solla González. Manuel Igrexas. Lourdes Pérez González. Iñaqui Solla Covelo. Xosé A. Fernánez Salgado. Uxío-Breogán Diéguez. Ana Iglesias Álvarez. "Skacha". Asoc. Cultural "Amigos do Mosteiro" de Melón. Xavier Blanco. Mª Teresa Bermúdez Montes. Mariano Abalo. José Ángel Carreira Montes. Juan José Soto Vidal. Manuel S. Fernández Álvarez. Brais González Pérez. SOAK. Moncho Leal. Xosé Luís Santos Cabanas. Xoán Manuel Estévez Freijeiro...

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS