Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

acuicultura

As piscifactorías envelenan a costa galega

09.06.2007 Adega denuncia que 27 piscifactorías galegas non contan con permiso de vertedura ·· A auga que botan ó mar supera 138 veces os mínimos contaminantes permitidos

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

R. FERNÁNDEZ . SANTIAGO

A planta que Stolt Sea Farm ten en Cabo Vilán verte directamente ó mar unha auga de cor branca, cunha alta carga contaminante FOTO: Adega
A planta que Stolt Sea Farm ten en Cabo Vilán verte directamente ó mar unha auga de cor branca, cunha alta carga contaminante
FOTO: Adega

As 27 piscifactorías presentes no litoral galego non contan con permiso de vertedura e as augas que botan directamente ó mar son 138 veces máis contaminantes que os mínimos legais permitidos. Así o denunciou onte en Santiago o secretario executivo da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), Fins Eirexas, durante a presentación dun estudo sobre as verteduras das plantas acuícolas galegas feito coa colaboración das universidades de Santiago e A Coruña.

"Ninguén controla a calidade das augas que as granxas acuícolas denvolven ó mar", asegurou Eirexas. Tras unha reunión co responsable do organismo Augas de Galicia, encargado de velar pola calidade das nosas augas, Adega constatou que as 27 piscifactorías que verten na nos costa, algunhas con máis de 15 anos en funcionamento, carecen do obrigado permiso de vertedura. Ante a gravidade deste feito, Eirexas asegurou que Adega está estudando poñer esta situación en coñecemento do fiscal, para que avalíe se é constitutiva de delico.

A asociación ecoloxista deu a coñecer tamén un estudo sobre os niveis de vertedura das granxas acuícolas para "demostrar dunha vez por todas que as empresas menten ó asegurar que a acuicultura é unha actividade limpa". Alta carga orgánica, antibióticos usados para tratar as enfermidades dos peixes e produtos químicos usados na limpeza dos tanques son algunhas das substancias que Adega detectou das augas procedentes do circuíto produtivo das piscifactorías.

Segundo as mostras tomadas na boca de saída da factoría de Quilmas (Carnota), as augas rexistran altísimos niveis contaminantes que, nalgúns casos, superar en máis de cen veces os valores máximos permitidos. Deste xeito, os compostos nitroxenados, causantes da morte dos seres que habitan o medio mariño, superan en 27 veces os límites legais; a cantidade de materia orgánica sobarda en 69 veces os valores permitidos; e a taxa de sólidos en suspensión, constituída principalmente polos pensos, multiplica por 138 a máxima obrigada.

As novas granxas multiplican por 5 os efectos negativos

Ante a gravidade desta situación, o secretario executivo de Adega recordou que estas cantidades se corresponden cunha piscifactoría de mediana dimensión e alertou dos efectos nocivos que poden chegar a causar as granxas acuícolas recollidas no futuro Plan Acuícola, que multiplican por cinco esta superficie. Por este motivo, Eirexas reclamou da Administración que obrigue as empresas a establecer unhas medidas de depuración axeitadas e, no caso de que non o fagan, que deixen de producir. "O de que Quen contamina paga xa non vale", setenciou.

EN PRIMEIRA PERSOA

"Os residuos da factoría de Quilmas está a matar as crías"

Os veciños de Quilmas levan anos denunciando as verteduras da piscifactoría que Stolt Sea Farm ten nesta localidade carnotá. Ante a posibilidade de que a Xunta lle conceda a ampliación solicitada pola empresa, os membros da Plataforma contra a Piscifactoría de Quilmas denuncian a desaparición de diferentes especies da fauna mariña, así coma dos algazos nos se produce a cría de mariscos como a centola. "As verteduras matan as crías, acabando coa riqueza pesqueira da zona", asegurou onte en Santiago Manuel González Costa, mariñeiro xubilado e secretario da Plataforma.

OS DATOS

Plan Acuícola sustentable

Adega apostou onte por un Plan Acuícola que se axeite a criterios de sustentabilidade ambiental e social. Así, Eirexas reclamoulle á Xunta que non permita a construción de piscifactorías sobredimensionadas, localizadas en Rede Natura e sen a depuración axeitada, así como que deixe de subvencionar industrias que "destrúen o medio".

Primar a pesca tradicional

A asociación ecoloxista volveu asegurar onte que Adega non se opón á construción de piscifactorías, sempre e cando se entendan coma unha industria complementaria á pesca tradicional, sector que é necesario primar. O secretario executivo de Adega apuntou á reserva mariña de Lira coma o mellor exemplo a seguir para potenciar o sector pesqueiro sen agotar as especies.

Un problema de saúde pública

Martiño Fiz, membro de Adega, asegurou que as verteduras procedentes das piscifactorías poden supoñer un "problema de saúde pública". O motivo: os antibióticos procedentes dos peixes planos, que son inxeridos sistematicamente pola fauna mariña e, en consencuencia, polos humanos, provocando que as bacterias se acostumen e os medicamentos perdan eficacia.

Un milímetro de protección

Ante a alta carga contaminante que posúen as verteduras das piscifactorías, o único sistema de depuración co que contan as plantas é, segundo afirmou Fins Eirexas, unha malla metálica dun milímetro de paso: "Con esta protección é imposible que a auga saia limpa como aseguran os seus estudos de impacto".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS