Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

NATUREZA

SOS Courel rexistra 21.000 sinaturas de apoio na Xunta

11.09.2007 A asociación e os seus simpatizantes reclaman a declaración de toda a montaña lucense como Parque Natural, non só a súa sétima parte

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN E AXENCIAS . SANTIAGO

Os representantes da asociación SOS Courel rexistrando as sinaturas nas dependencias da Xunta FOTO: AGN
Os representantes da asociación SOS Courel rexistrando as sinaturas nas dependencias da Xunta
FOTO: AGN

Continúa a loita do Courel a prol da súa conservación e o deseño dunha estratexia para o seu futuro e onte, a asociación de veciños e ecoloxistas SOS Courel entregou finalmente no rexistro da Xunta un total de 21.000 sinaturas, coas que reclama a declaración da montaña lucense como Parque Natural.

O colectivo busca "protexela das actividades prexudiciais desta zona, a de maior biodiversidade de Galicia", segundo expresou onte o presidente da asociación ecoloxista lucense, José Ramón Rodríguez Ríos.

Coas sinaturas, a organización integrada por veciños de Folgoso reclamanlle ó Executivo autonómico que inclúa "de xeito íntegro ou case total" as concas dos ríos Lor-Louzara, Selmo, Soldón e Ferreiriño dentro dos lindes que propón a Xunta como parque natural, que afecta a "tan só unha sétima parte" do sistema montañoso, actualmente ocupado por máis de 24 empresas con dereitos mineiros. Entre elas atópase a compañía Ultransa, participada por Caixa Galicia nun 20 por cento.

 

Protexela de todo tipo de impactos e agresións

Con esta medida, a agrupación considera que se protexerá a zona de "impactos e concesións como canteiras, parques eólicos, vertedoiros ou centrais hidroeléctricas", posto que a declaración oficial da Administración autonómica de limitar como Parque Natural unha sétima parte "só serve para disimular" a autorización de "catro macrocanteiras na zona", e para postergar o feito de que máis dunha ducia de explotacións mineiras das que traballan nestas montañas lucenses "o fan sen a correspondente licenza administrativa", sinala Rodríguez.

O Consello da Xunta aprobou o pasado 21 de xuño o Proxecto de lei de ordenación da minería de Galicia que, unha vez aprobado no Parlamento, declarará o Courel como "concello mineiro", que autorizará a explotar de forma legal a mina o pasar a ser de titularidade pública.

Desta forma, a actividade extractora "vai ter prioridade sobre o Parque Natural se non facemos nada", avisou Rodríguez Ríos, e engadiu que a contaminación "da zona con máis biodiversidade de Galicia estará lexitimada". O presidente de SOS Courel comenta que se esta zona estivese baixo o título de Patrimonio Natural, "non correría perigo pola actividade mineira, porque as empresas non poderían extraer nada aquí". "O Courel merece que se libere de actuacións incompatibles cos coidados medioambientais, como as canteiras ao descuberto", manifesta o presidente de SOS Courel, que afirma que no concello de Folgoso do Courel pode verse a primeira vista as consecuencias desta actividade industrial: cascallos no río Lor-Louzara e uso de explosivos preto das beiras do río.

Representantes da asociación ecoloxista advirten de que a poboación do concello de Folgoso non chega actualmente ós 1.300 habitantes e "vánsenos 60 ou 70 persoas cada ano, polo que en cinco ou seis anos O Courel estará só, deixándolle terreo libre ás empresas de extracción".

A CERNA

Con eco en Francia e EEUU

Ás 21.000 sinaturas que a asociación SOS Courel presentou nas dependencias da Xunta sumáronse rúbricas procedentes de "Miami e de Francia tamén". Internet contribuíu a dar información noutros países sobre a petición da asociación do peche de canteiras no Courel, un tema co que se obtivo "ampla solidaridade". "A xente está concienciada sobre o medio ambiente", asegura Rodríguez, que destaca que non só afecta ó concello, senón a Galicia enteira".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS