Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
O conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, anunciou onte pola tarde no Parlamento de Galicia que o departamento que dirixe empezará de forma "inmediata" as negociacións co Ministerio do ramo para conseguir a transferencia das Illas Sisargas á comunidade galega. Esta iniciativa sumarase a outros procesos de transferencia que xa están en marcha, por exemplo o da Illa de Tambo, e cuxo obxectivo último é "impulsar" a "valorización" do territorio natural galego.
Manuel Vázquez compareceu para informar sobre a creación da Rede de Parques Naturais de Galicia", o consello consultivo que coordinará e colaborará na xestión dos espazos naturais na comunidade e a situación na que se atopa o Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Durante a súa intervención, o titular de Medio Ambiente asegurou que a posta en valor do patrimonio natural galego verase reforzado no último tramo do ano 2007 coa transferencia a Galicia da xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas, previsto para o 31 de decembro. Vázquez subliñou que, entre as "máximas prioridades" do Goberno galego, está a de conseguir a "titularidade pública" de todo o territorio enmarcado no Parque Nacional.
Na súa comparecencia, Manuel Vázquez xustificou tamén a creación da Rede de Parques Naturais de Galicia, recordando a necesidade de conformar "nun mesmo contexto" as manifestacións máis salientables do patrimonio cultural galega e neste eido, cobra especial importancia a creación do Consello da Rede, listo en outubro.
Críticas pola pasividade en Sálvora
Tras o anuncio do Ministerio de Medio Ambiente da compra da illa de Sálvora por 8,5 millóns de euros, o secretario executivo de Adega, Fins Eirexas, criticou no portal Vieiros a pasividade da Administración do país á hora de facer público este territorio, situado á entrada da ría de Arousa: "Se houbese vontade, a Xunta tería iniciado un procedemento de adquisición", pero deixou que fose Caixa Galicia a que mercase a área e agora o Ministerio.