Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

Dezaseis cooperativas de transporte, polo paro coa Plataforma

15.01.2008

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

. REDACCIÓN

Os presidentes e vicepresidentes de dezaseis Cooperativas de Transporte de Galicia, "as máis significativas" segundo a Plataforma para a Defensa do Sector do Transporte, reuníronse en Melide, para cambiar impresións, coordinarse con motivo do paro que podería comezar o próximo día un de febreiro.

O voceiro da plataforma, Antonio Llanos, destaca que esta foi a primeira vez que se reuniu tal número de directivos, de distintas Cooperativas de Transporte Galegas. Ese mesmo día tamén houbo un encontro no Barco de Valdeorras transportistas discrecionais de mercancías das zonas Galegas limítrofes co Bierzo.

En ambas as reunións, a Plataforma reiterou a súa máis firme determinación de executar a decisión democrática, segundo mandato da Asemblea Xeral Extraordinaria de Melide: ir á folga se as empresas cargadoras non aceptan e firman antes do 26 de xaneiro os prezos do transporte que o Ministerio de Fomento sinala oficialmente como custos directos de explotación.Os transportistas iniciarían un paro indefinido a partir das cero horas do día un de febreiro do 2008.

Por outra banda, buscando axuda da Unión Europea, contra o que consideran "prezos ruinosos do transporte en sistema dumping", a Xunta Directiva de plataforma mantivo unha primeira entrevista, co Eurodeputado Don Antolin Sánchez Presedo, membro da Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios do Parlamento Europeo.

A Plataforma tamén empraza a todas as asociacións de transportistas de España a reivindicar os "custos directos de explotación" segundo os índices do observatorio de custos de Fomento e deixa no enderezo www.transportes.org máis información sobre as súas peticións e proxectos .

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS