Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

lidariedade

Xantar no Toñi Vicente en apoio do seu "prestixio"

13.09.2008 Máis de cincuenta persoeiros do mundo da cultura, adegueiros, hostaleiros e amigos déronlle ánimos á cociñeira galega

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN E AXENCIAS . SANTIAGO

A cociñeira Toñi Vicente, entre algúns dos persoeiros que acudiron ó xantar organizado onte no seu restaurante, en Santiago FOTO: F.Blanco
A cociñeira Toñi Vicente, entre algúns dos persoeiros que acudiron ó xantar organizado onte no seu restaurante, en Santiago
FOTO: F.Blanco

Hostaleiros e adegueiros de Galicia, xunto con intelectuais e artistas e amigos e "amantes" da cociña, apoiaron onte cunha comida no restaurante de Toñi Vicente o "prestixio" da chef á que consideran que converteron en "cabeza de turco" coa detención e imputación dun delito contra a saúde pública pola suposta compra de vieiras contaminadas.

Ao redor dela, reuníronse no restaurante, situado no Ensanche de Santiago de Compostela, unhas 60 persoas entre as que se atopa o político Xosé Manuel Beiras que reivindicou o prestixio de Toñi Vicente e quen se definiu como "admirador" da "traxectoria exemplar" da cociñeira.

Toñi Vicente, que recibiu o aplauso dos comensais, asegurou ser "moi afortunada" por "ter estes grandes amigos", entre os que se atopaba o director de Pousadas de Compostela, coñecido como Otero, e o director do Gran Hotel, Manuel Rodríguez, entre outros hostaleiros e adegueiros. De feito, os apoios á cociñeira tamén chegaron do colectivo de hostaleiros galegos en Madrid e Barcelona. Estes últimos, con Moncho Neira á cabeza -propietario de 23 restaurantes da cadea Monchos-, aseguran que "o que se está facendo é unha inxustiza".

Nesta liña pronunciouse Xosé Manuel Beiras, quen opinou que non se pode converter a unha persoa en vítima expiatoria" cunha "agresión que pode acabar con decenios de anos de traballo". "De traballo contra vento e marea", apostilou.

DECLARACIÓNS

Beiras culpa ata ás piscifactorías

Beiras tachou de "escándalo" que se empece ao revés en lugar de centrar o problema nos responsables da contaminación do marisco, ó seu xuízo, as industrias e incluso "no plan de piscifactorías". "¿Ese é o xeito de resolver os problemas?, preguntouse, para concluír citando a Eduardo Galeano e cuestionar se se está nun "mundo absolutamente patas para arriba".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS