Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

:: REPORTAXE

O paraíso do río Mao está ameazado por unha canteira

22.11.2008 A fermosa paisaxe, que formará parte do futuro Parque de Pena Trevinca, periga polo visto e prace das autoridades á explotación dunha louseira

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

M. RODRÍGUEZ SANTIAGO

Fermosa vista do val do río Mao cuberto pola néboa, xunto onde está previsto que se localice a canteira FOTO: ASOCIACIÓN A PRADA
Fermosa vista do val do río Mao cuberto pola néboa, xunto onde está previsto que se localice a canteira
FOTO: ASOCIACIÓN A PRADA

Galicia pode pasar pronto de ser o país dos mil ríos ó das mil canteiras. Polo menos, iso é o que denuncian os veciños do concello da Veiga, en Valdeorras, que se unen ó berro dos dos Courel contra as louseiras porque a paraxe de Río Mao está ameazada polo proxecto empresarial dunha explotación de cuarcita da empresa Gesconsa 2000.

Segundo indica a Asociación Cultural de Prada, hai xa dous anos coñécese o plan que lle vai afectar a unha contorna que nun futuro pode formar parte do Parque Natural de Pena Trevinca, pero pregúntanse porque o Goberno e o Concello lle deron o visto e prace.

O movemento dos veciños non se fixo agardar e internet eríxese como o mellor vehículo para facer chegar a súa guerra baixo o lema Non á canteira. Nesta web, censuran a postura do propio alcalde da vila, o socialista Fernando Fernández, que definiu de "barbaridade" estes proxectos pero que, paradoxicamente, xustifica o permiso municipal dicindo que "cumpre con todos os requirimentos legais".

A Serra do Eixe, o Pico de Fiais, o desfiladeiro que forma o río Mao e o santuario do Cristo da Ascensión son as referencias deste municipio ourensán que corren o risco de verse ameazadas perigosamente pola canteira, polo que a Asociación Cultural de Prada decidiu tomar cartas no asunto. Confesan que a "canteira ficaría nun mal soño, pero todos os que amamos este lugar somos conscientes de que se pode converter nunha realidade con autorización oficial para levar a cabo a mutilación de toda unha montaña".

Os veciños insisten que "nas mans das autoridades, e en especial da corporación municipal do Concello da Veiga, co seu alcalde á fronte, debe estar a mobilización e o rexeitamento unánime que evite, por moito cumprimento dos requisitos legais que teña a empresa Gesconsa 2000, que os montes próximos ó río Mao e a Prada se convirtan en queixo gruyere", por variadas razóns que non deben ficar só no efecto visual que creará a canteira e a perda do patrimonio natural único que goza esta zona de Galicia, senón tamén "polas fatídicas consecuencias que levarán ó desgastamento e o perigo de circular pola estrada do Barco a Prada, o illamento poboacional e a perda do turismo rural", un negocio que se atopa en fase emerxente nas terras de Valdeorras.

Segundo a vila, o rexedor debe estar á altura das circunstancias e demostrar que é "progresista".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS