Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
Un milleiro de persoas manifestáronse onte ó mediodía polas rúas da cidade olívica para esixir a "retirada inmediata" do Plan Vigo Integra, un proxecto de infraestruturas que, segundo denunciaron os veciños que decidiron saír onte a rúa, pretende "asfaltar máis de sete millóns de metros cadrados" da paisaxe galega.
Segundo recollía o manifesto das plataformas convocantes, que leu o portavoz dos colectivos Xosé Reigosa ao final da concentración, o Plan Vigo Integra "terminaría para sempre coa vida no medio rural galego" "romper a súa conexión coa terra, expropiar casas, montes e terras en nome dun progreso que non é tal".
O transporte público, o gran olvidado
A manifestación, secundada por numerosos colectivos sociais e ecoloxistas entre os que se atopaba o colectivo "A Ría non se vende", partiu sobre as 12.00 horas da Gran Vía para, baixo o lema O asfalto non é progreso para terminar na Porta do Sol da cidade olívica.
O acto reivindicativo estivo encabezado por un autobús de madeira en reivindicación do transporte público, ó que consideran o gran "esquecido" polo Plan Vigo Integra. "É un plan baseado nun modelo obsoleto de transporte que estimula a utilización do vehículo privado, xerando aínda máis contaminación e incrementando o consumo de petróleo", sinalaron desde a organización.
Do mesmo xeito, as plataformas ciadás convocantes acusaron ó Plan Vigo Integra de querer "converter as comarcas galegas nunha gran máquina económica" e de "destruír o territorio, a paisaxe, a natureza e a biodiversidade" da zona, polo que esixiron a súa inmediata retirada.