Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
A restauradora Toñi Vicente pechará case con total seguridade o restaurante de nova cociña que rexenta en Santiago.
O peche deste establecemento, radicado na rúa de Rosalía de Castro, prodúcese poucos meses despois de que a súa propietaria fose detida por comprar presuntamente vieiras no mercado negro, co grave risco que iso leva para os consumidores, xa que este molusco debe superar exhaustivos controis sanitarios, pola súa posible toxicidade, antes de ser posto á venda.
Este incidente coa Xustiza danou seriamente o prestixio do restaurante Toñi Vicente, que precisamente tiña as vieiras como un dos seus pratos estrela, e a puntilla chegaría pouco despois por mor de Michelin, que non só lle retirou a estrela que lle concedeu, senón que tamén a eliminou da listaxe dos establecementos que figuran nesta biblia para gourmets. Os responsables da guía castigaron, así, a chef galega antes sequera de ser xulgada pola suposta irregularidade cometida pola adquisición de vieiras a granel.
A clausura do restaurante parece inminente, salvo que Toñi reconsidere a súa decisión e intente refrotar o negocio dalgunha forma. Nos últimos días, o local permaneceu pechado, oficialmente "por vacacións", segundo a propia Toñi Vicente.
Tras o suceso das vieiras, a restauradora recibiu o apoio de numerosos compañeiros de profesión e saíron na súa defensa intelectuais e artistas.