Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 24.04.2014  | Actualizado 01.00

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1

LEA

"Éxito" do boicot á caza do raposo en Rodeiro

Os ecoloxistas critican as ameazas

REDACCIÓN   | 26.01.2009 
A- A+

A presenza de menos cazadores na VI Copa de Caza do Raposo celebrada este sábado en Rodeiro (Pontevedra) foi cualificada de "éxito" polos máis de 200 ecoloxistas que se achegaron ó monte para tentar evitar a matanza dos animais. "Está comprobado que cando acudimos ós campionatos, o número de cazadores redúcese, polo que o número de capturas tamén", afirmou Bernardo García, integrante de Matar por Matar, Non.

A pesar de descoñecer o número de pezas cazadas, o coordinador executivo de Adega, Martiño Fiz, sinalou que é posible que se sobrepasar os límites nalgunhas zonas, polo que advertiu de que buscarán información sobre as capturas. Así, recordaron que a súa protesta quere concienciar a opinión pública da necesidade de tomar medidas contra estes campionatos, onde se produce unha caza "masiva e indiscriminada". De aí, que esixan que se respecten os períodos de veda e se estableza un maior control. Pola súa banda, o director de Equanimal, Eladio Ferreira, denuncian ameazas dalgún cazador, cunha escopeta, un coitelo e verbalmente, a un ecoloxista por facer fotos e grabar as actividades.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS